Cristina Castaño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cristina Castaño é unha actriz galega nacida en Vilalba.
Índice |
[editar] Biografía
Deuse a coñecer en Galicia grazas ó seu papel de Paula na serie da TVG Pratos combinados. No ano 2000 chégalle a oportunidade de incorporarse ó reparto doutra exitosa serie, esta vez a nivel español, Al salir de clase. Era un papel para o verán, pero quedou ata o final da serie, en 2002. Deste modo, abandonou Pratos combinados, pasando o seu personaxe a ser interpretado por María Castro e converteuse nunha das promesas saídas da canteira do serial xuvenil de Telecinco.
Traballou ó lado de Concha Velasco no teatro, na obra Las manzanas del viernes.
Desde entón fixo pequenas intervencións nalgunhas series e películas, ademais de proxectos teatrais, e mesmo probou sorte no mundo da canción. En 2005 volveu á TVG formando parte do elenco doutra serie, 4º sen ascensor. Dende 2006 é unha das protagonistas do musical Fama, con máis de 600 representacións na sua xira, e no último trimestre de 2007 entrou a formar parte do elenco da serie Herederos (TVE), protagonizada por Concha Velasco.
[editar] Películas
- XXL (2004), de Julio Sánchez Valdés. Como Rubia.
- Días azuis (2006), de Miguel Santesmases. Como Elena.
[editar] Curtametraxes
- Alzheimer (2000), de Álvaro Sampayo.
[editar] Televisión
[editar] Personaxes fixos
- Pratos combinados (2000-2001). Como Paula Barreiro. TVG.
- Al salir de clase (2000-2002). Como Lidia Celada. Telecinco.
- 4º sen ascensor (2005). Como Lucía. TVG.
- Herederos (2007). Como Rocío Urquijo TVE.
- El Comisario (2008-). Como Sara Ruiz. Telecinco.
[editar] Personaxes episódicos
- El comisario (2002). Como Alexia. Telecinco.
- Siete Vidas (2005). Como Nuria.Telecinco.
- Hospital Central (2005) e (2006) (dous personaxes en dous episodios distintos).Telecinco.
- Con dos tacones (2006). La Primera de TVE.
[editar] Teatro
- Las manzanas del viernes (1999-2000)
- Fama, el musical (2006) Como Srta. Bell.