4º sen ascensor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
4º sen ascensor | |
Xénero | Comedia |
---|---|
Duración | 60 minutos |
Creador(es) | Beatriz del Monte |
Produtor(es) executivo(s) | Beatriz del Monte Xosé Morais |
Intérpretes | Xulio Abonjo Cristina Castaño José Barato Mónica Camaño Xoán Carlos Mejuto César Goldi Laura Ponte Pepe Soto |
País de orixe | Galicia |
Emisión orixinal | TVG |
Tempo de emisión | maio de 2005 – |
Número de episodios | 26 |
IMDb profile |
4º sen ascensor foi unha comedia de situación galega que narraba as aventuras que teñen lugar nun piso de estudantes e que se emitiu na TVG no ano 2005. Foi dirixida por Beatriz del Monte e producida por Filmanova e La Región TV. Emitíronse 26 capítulos de 60 minutos de duración.
[editar] Actores
- Xulio Abonjo (Sebas)
- Cristina Castaño (Lucía)
- Xosé Barato (Fran)
- Mónica Camaño
- Xoán Carlos Mejuto
- César Goldi (Raúl)
- Laura Ponte
- Pepe Soto
[editar] Trama
Sebastián, chamado polos amigos Sebas é estudante de medicina; Lucía, moza inteligente e moi boa estudante, é prima de Sebas; e por último, Fran, un vividor que se aproveita continuamente de Sebas. Os pais deste último viaxan de vez en cando dende o seu pobo, onde viven, de visita ao apartamento, renegando sempre da vida que levan os tres, principalmente Fran.
O trío ten como veciños a un vendedor de seguros e a unha aspirante a artista plástica cuxa obra todo o mundo detesta, os cales vense envoltos nas aventuras diarias de todas as personaxes anteriores. É necesario falar tamén do bar que todos frecuentan, no cal traballa Lucía e que ten como camareiro a un home que sabe aforrar palabras no momento oportuno.