See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Explosión cámbrica - Wikipedia

Explosión cámbrica

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Explosión Cambriana foi un suceso na historia da vida, cando subitamente houbo unha explosión na biodiversidade do planeta. Está rexistrado nos fóseis depositados en extratos de preto de 550 millóns de anos, durante o período Cambriano. A maioría dos animais que xurdiron desta “explosión” non deixaron descendentes, tendo moitos deles formas bastante diversas das atopadas nos animais modernos.

Ata o inicio do Cambriano, a vida na Terra consistía basicamente de algas, bacterias, protozoos, celentéreos e poríferos. (A fauna do período anterior ao Cambriano é tamén coñecida como Fauna Ediacarana). Mentras, nun curto espazo de tempo na escala xeolóxica (estimado en 5 millóns de anos), surxiron practicamente todos os filos animais coñecidos, inclusive os precursores dos vertebrados, alén doutros que a ciencia non consegue clasificar, todos eles organismos mariños. O rexistro da existencia destes seres é evidenciado a través de fóseis atopados en poucos lugares do mundo, como en Burxes Shale, no Canadá, e na provincia de Yunnan, na China.

Formas de vida extrañas tomaron lugar nos océanos, xuntamente con trilobitas, crustáceos, moluscos, anelídeos, equinodermos, e outros filos animais existentes hoxe en día. Animais como os Hallucixenia (non se sabe a que filo pertencia), que posuían sete pares de espiños nunha face e sete tentáculos terminando en vigorosas pinzas na outra (non se sabe cal sería seu dorso ou seu ventre), cun prolongamento en forma de tubo ou cilindro nunha extremidade e un espesamento na outra (non se sabe cal sería súa parte anterior ou posterior); os Opabinia, con cinco ollos na súa cabeza e un órgao que dela se proxetaba, terminando nunha extremidade bifurcada; o Anomalocharis, un predador de 60 centímetros de lonxitude, semellante a un artrópode; e o Pikaia, un verme posuidor dunha corda cartilaxinosa arredor dun nervo dorsal, probabelmente o primeiro cordado.

O único grupo de animais cun bon rexisto fósil que só apareceu despois do Cambriano foi o filo Bryozoa, cuxos exemplares máis antigos pertencen ao Ordoviciano Inferior. Os fóseis coñecidos por Biota Vendiana (ou "biota Ediacarana"), que incluen animais con espículas como as das esponxas e posibelmente tubos de vermes, apareceron no período que antecede o Cambriano, mais a localización destes fóseis nos filos actualmente coñecidos aínda está lonxe de estar esclarecida. O que non hai dúbida é que o Cambriano foi unha época de extraordinaria innovación e evolución, non só en termos do número de especies, mais tamén no desenvolvimento de novos nichos e estratéxías ecolóxicas, tais como a predación activa, a construción de abrigos subterráneos complexos e a aparición ou diversificación das algas mineralizadas de varios tipos, como as algas coralinas e as dasicladáceas verdes.

A Explosión Cambriana desperta a curiosidade dos científicos, que cuestionan como a vida tería, despois de millóns de anos de estabilidade e pouca diversidade, subitamente xerado organismos tan diversos nun espazo tan curto de tempo, e por que isto xamais voltou a ocorrer. Alguns argumentan que, despois de millóns de anos xerando oxixeno a través da fotosíntese, as algas teñan permitido o surximento de organismos aeróbicos complexos, que demandaban de máis oxixeno para as súas actividades do que as medusas e esponxas. Outros suxeren que cargas excepcionais de radiación emitidas por fontes externas teña provocado mutacións xenéticas en altos índices, ocasionando as mudanzas morfolóxicas aleatorias observadas nos fóseis.

Boa parte desa diversidade (extimase en 85% de toda a vida no planeta) se extinguiu aínda no Cambriano, hai preto de 490 millóns de anos, e alguns planos de organización nos animais xamais foron vistos novamente. A súa extinción en masa é máis facilmente explicada a través dunha mudanza brusca no clima do planeta (unha glaciación, ou un efeito estufa, talvez o impacto dun asteroide), que tería abalado os ecosistemas adaptados ás condicións anteriores, e seleccionado organismos máis adaptables a esas mudanzas.

[editar] Recursos exteriores á Wikipedia


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -