De Stijl
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia da arte | |
Arte contemporánea
|
|
Arte prehistórica | |
Arte antiga | |
Arte medieval | |
Arte occidental | |
Arte contemporánea | |
Arte etnográfica | |
Arte americana | |
Arte africana | |
Arte asiática | |
Arte islámica |
De Stijl (en galego O estilo) tamén coñecido como neoplatonismo, foi un movemento artístico holandés nado no ano 1917. O termo De Stijl úsase para referirse a un obxecto creado por artistas holandeses entre os anos 1917 e 1931
De Stijl tamén foi o nome dun xornal fundado polo crítico Theo van Doesburg, que facía propaganda das teorías do grupo. Ademais de Van Doesburg, os principais membros do grupo eran os pintores Piet Mondrian e Bart van der Leck, e os arquitectos Gerrit Rietveld e J.J.P. Oud. A Filosofía artística na que se apoiaba o grupo era o Neoplasticismo ; a nova arte plástica (ou Nieuwe Beelding en neerlandés).
De Stijl propoñía unha Utopía ideal e espiritual de harmonía e orde. Evocaban a máis pura arte abstracta reducíndose as máis simples formas e cores. Eles facían simples composición visuais en vertical e horinzontal usando só cores primarias xunto co negro e branco.
[editar] Principios e Influencias
O movemento De Stijl foi influenciado polo Cubismo,xunto con outros mitos e ideas sobre a forma xeométrica ¨ideal¨ (como a ¨perfecta liña recta¨) na Filosofía neop´latónica de matemático M. H. J. Schoenmaekers. Os traballos do De Stijl tamén foron influenciados polo estilo internacional da arquitectura e deseño de roupa e interiores do Bauhaus .
Na música, De Stijl só se influenciou do compositor Jakob van Domselaer. Entre 1913 e 1916 el compuxo o seu Proeven van Stijlkunst ('Experimentos na arte artística'), inspirado polas pinturas do seu amigo Modrian.
[editar] Lista dos Neoplatonistas
- Max Bill (1908 – 1994) arquitecto e deseñador
- Ilya Bolotowsky (1907 – 1981) pintor
- Burgoyne Diller (1906 – 1965) pintor
- Theo van Doesburg (1883 – 1931) pintor, deseñador e escritor, publicou "De Stijl " 1917 – 1931
- Cornelis van Eesteren (1897 – 1981) arquitecto
- Jean Gorin (1899 – 1981) pintor
- Robert van't Hoff (1887 – 1979) arquitecto
- Vilmos Huszàr (1884 – 1960) pintor
- Anthony Kok (1882 – 1969) poeta
- Bart van der Leck (1876 – 1958) pintor
- Piet Mondrian (1872 – 1944) pintor
- Marlow Moss (1890 – 1958) pintor e escultor
- J.J.P. Oud (1890 – 1963) arquitecto
- Amédée Ozenfant (1886 – 1966) pintor
- Gerrit Rietveld (1888 – 1964) arquitecto e deseñador
- Georges Vantongerloo (1886 – 1965) escultor
- Friedrich Vordemberge-Gildewart[1] pintor
- Jan Wils (1891 – 1972) arquitecto