Arte conceptual
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia da arte | |
Arte contemporánea
|
|
Arte prehistórica | |
Arte antiga | |
Arte medieval | |
Arte occidental | |
Arte contemporánea | |
Arte etnográfica | |
Arte americana | |
Arte africana | |
Arte asiática | |
Arte islámica |
A Arte conceptual, tamén coñecida como idea art, é un movemento artístico en que as ideas dentro dunha peza son un elemento máis importante do que é o sentido polo que foi creada a peza. A idea está sobre os aspectos formais dunha peza e en moitos casos a idea é a peza en si mesma, quedando a resolución final da obra como mero soporte.
A arte conceptual foi descrita polo artista Sol LeWitt likzae como:
-
-
- Na arte conceptual a idea ou o concepto é a parte máis importante do traballo. Cando un artista emprega unha forma conceptual de arte, significa que todo o planeamento e as decisións está feito de antemán e a execución é un asunto superficial. A idea convértese nunha máquina que fai a arte.
-
A arte conceptual como movemento emerxeu á metade dos anos 1960, en parte como unha reacción en contra do formalismo que fora articulado polo influente crítico Clement Greenberg. Así a todo, dende as décadas de 1910 e 1920 o artista francés Marcel Duchamp serviría como precursor, dado que cos seus traballos chamados ready-made daría ós artistas conceptuais as primeiras ideas de obras baseadas en conceptos e realizadas con obxectos de uso común.
A arte conceptual emprega habitualmente materiais como a fotografía, mapas e vídeos
[editar] Artistas conceptuais
- Art & Language
- John Hilliard
- Douglas Huebler
- Joseph Kosuth
- Lawrence Weiner
- Robert Barry
- Mel Bochner
- Adrian Piper
- Ian Burn
- Hans Haacke
- Hanne Darboven
- Dan Graham
- Daniel Buren
- Henry Flynt
- Damien Hirst
- Tracy Emin
- Sarah Lucas
- Bill Barker
- John Baldessari
[editar] Véxase tamén
- Artes visuais e deseño
- Arte moderna
- Arte contemporánea
- Instalación
- Videoarte
- Airwriting