See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Cygnus - Wikipedia

Cygnus

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cisne (homónimos).
Cygnus
Cygnus
Nome Latino Cygnus
Abreviatura Cyg
Xenitivo Cygni
Simboloxía O Cisne
Ascensión Recta 20.62 h
Declinación +42.03°
Área 804 graos cadrados

Rango 16º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

4
Estrela máis brillante Deneb (α Cyg)

(magnitude ap. 1.25)

Choiva de meteoros
  • October Cygnids
  • Kappa Cygnids
Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +90° e −40°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Setembro

Cygnus (o cisne) é unha constelación do hemisferio norte que atravesa a Vía Láctea. Dado o patrón das estrelas principais, ás veces é coñecida coma a Cruz do Norte (en contraste coa Cruz do Sur). Contén a Deneb, unha estrela de primeira magnitude e un grupo de seis estrelas que forman a Cruz do Norte.

Índice

[editar] Estrelas principais

  • α Cygni (Deneb), a estrela máis brillante da constelación con magnitude aparente 1,25, é unha estrela superxigante branco-azulada. Moi alonxada de nós, non se coñece a súa distancia con exactitude, podendo estar entre 1600 e 3200 anos luz. O seu brillo ten que ser extraordinario, cunha luminosidade entre 60.000 e 250.000 soles.
  • β Cygni (Albireo), con magnitude 3,05, é unha estrela dobre onde as dúa compoñentes, unha amarela e a outra azul, están separadas 34 arcsec. Á súa vez, a primeira delas é unha binaria espectroscópica.
  • γ Cygni (Sadr), a segunda máis brilante da constelación con magnitude 2,23, superxigante amarela a 1300 anos luz.
  • δ Cygni, de magnitude 2,86, un sistema estelar triple.
  • ε Cygni (Giennah), de magnitude 2,48, una [xigante laranxa].
  • ζ Cygni, estrela de bario cunha anana branca de compañeira.
  • ξ Cygni, superxigante laranxa de magnitude 3,72 situada a uns 1200 anos luz.
  • ο Cygni, denominación de Bayer compartida por dúas estrelas distintas, ο1 Cygni e ο2 Cygni; curiosamente as dúas son binarias eclipsantes.
  • χ Cygni, estrela superxigante de tipo espectral S, cunha magnitude oscila entre 3,62 e 15,00, a maior variación coñecida nunha estrela.
  • ω² Cygni (Ruchba), estrela binaria onde a súa observación é moi interesante polo contraste entre ambas compoñentes (vermella e azul).
  • 61 Cygni, estrela binaria formada por dúas ananas laranxas nas proximidades do sistema solar (11,36 años luz), unha das mellores para observar cuns prismáticos.
  • 16 Cygni, sistema triple composto por dúas ananas amarelas semellantes ó Sol, e unha anana vermella: descobreuse un planeta extrasolar ó redor dunha das estrelas amarelas.
  • Gliese 777, sistema binario onde a compoñente principal ten dous planetas extrasolares.
  • GJ 1245 (V1581 Cygni), sistema estelar triple a uns 15 anos luz da Terra.
  • HD 188753, cun posible planeta extrasolar, sería o primeiro descoberto ó redor dun sistema estelar triple.
  • P Cygni, estrela hiperxigante variable luminosa azul, unha das máis brillantes da galaxia. A súa magnitude aparente é 4,8.
  • KY Cygni, unha colosal superxigante vermella, unha das máis grandes que se coñecen.
  • SS Cygni, posiblemente a estrela variable máis observada do firmamento, cunha magnitude que varía entre 8,3 e 12,2.
  • TT Cygni, estrela de carbono cunha coberta de po ó redor.
  • Cygnus X-1, un sistema binario composto por unha superxigante azul e outro obxecto masivo, probablemente un burato negro.

[editar] Obxectos Notables do espazo profundo

  • Nebulosa Norteamérica (NGC 7000), situada ó leste de Deneb, súa forma lembra ó continente norteamericano.
  • Nebulosa Pelícano (IC 5070), o seu nome debese á forma semellante á desta ave.
  • Nebulosa do Velo NGC 6960, NGC 6992 e NGC 6995, é o resto dunha antiga supernova.
  • Nebulosa Medialuna (NGC 6888), formada por una estrela de Wolf-Rayet (WR 136).
  • Nebulosas planetarias NGC 6826 (Nebulosa do Ollo que Pestanexa), NGC 6884, NGC 7027.
  • Nebulosa do Ovo (RAFGL 2688), protonebulosa planetaria bipolar.
  • Galaxia NGC 6946, no límite coa constelación de Cepheus, onde se teñen observado varias supernovas.

[editar] Historia e mitoloxía

Cygnus e Lyra.
Cygnus e Lyra.

Na mitoloxía grega, a constelación representaba varios cisnes lexendarios. Así, Zeus disfrazouse de cisne para seducir a Némesis, da que, segundo algunhas versións, naceu Helena de Troia.

Orfeo foi transformado en cisne trala súa morte, e diciase que fóra posto no firmamneto xunto coa súa lira (Lyra).

Finalmente, contase que un rei de nome Cicno que era un parente ou amante de Faetón. O fillo de Apolo, Faetón, enganou ó seu pai permitíndolle montar no carro do Sol, pero perdeu o control e foi abatido por Zeus. Despois da morte de Faetón, Cicno mergullouse no río Erídano para atopalo. Fixóo tantas veces, que foise transformado no cisne Cygnus, e hoxe é visible no ceo.

Por otra parte, Cygnus, xunto a outras constelaciones no signo zodiacal de Sagitario (en concreto Lyra e Aquila, xunto á propia Sagittarius), poden ter un papel significativo na orixe do mito dos Paxaros do Estínfalo, unha das doce tarefas de Hércules.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hidra | Hidrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -