Corona Borealis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Corona borealis | |
---|---|
Nome Latino | Corona Borealis |
Abreviatura | CrB |
Xenitivo | Coronae Borealis |
Simboloxía | A Coroa do Norte |
Ascensión Recta | 16 h |
Declinación | +30° |
Área | 179 graos cadrados
Rango 73º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
1 |
Estrela máis brillante | (α CrB) (Alphecca or Gemma)
(magnitude ap. 2,2) |
Choiva de meteoros |
Ningún |
Constelacións
colindantes |
|
Visible en latitudes entre +90° e −50°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xullo |
|
Corona Borealis (Latin para Coroa Boreal) é unha pequena constelación boreal onde as súas principais estrelas forman un arco semicircular. Esta é unha das 88 constelacións modernas, e foi tamén unha das 48 constelacións listadas por Ptolomeo, quen referiu á constelación coma Coroa. A palabra Borealis foi engadida despois, en contraste coa Corona Australis, a Coroa Austral.
Non ten estrelas de primeira magnitude. A súa estrela máis brillante, α CrB (Alphecca, tamén coñecida coma Gemma) ten unha magnitude de 2,2 (lixeiramente variable) e é considerada membro difuso da asociación estelar de Ursa Major. A constelación contén moitas estrelas variables interesantes: dúas das máis coñecidas son R Coronae Borealis e T Coronae Borealis.
Índice |
[editar] Estrellas
[editar] Estrellas principais
- α Coronae Borealis (Alphecca, Gemma ou Gnosia), de magnitude 2,22 e situada a 72 anos luz da Terra, é unha estrela binaria cunha compañeira que xira ó seu redor nun período de 17,4 días.
- β Coronae Borealis (Nusakan). De magnitude 3,66 tamén é un sistema binario.
- γ Coronae Borealis, de magnitude 3,81 forma parte dun sistema triple e está a 140 anos luz da terra.
- θ Coronae Borealis, estrela binaria de magnitude 4,14, cunha compoñente principal que é unha variable eruptiva.
- κ Coronae Borealis, xigante laranxa de magnitude 4,82 cun planeta extrasolar.
- ν Coronae Borealis, binaria óptica formada por dúas xigantes vermello-alaranxadas, ν1 Coronae Borealis e ν2 Coronae Borealis.
- ρ Coronae Borealis, de magnitude 5,39 ten un planeta extrasolar.
[editar] Outras estrelas con designación Bayer
- 10/δ CrB 4,59 atopase a 165 anos luz da Terra. 13/ε CrB 4,14; 7/ζ1 CrB 6,00; 7/ζ2 CrB 5,07; 2/η CrB binaria 4,99 - 6,08; 14/ι CrB 4,98; 12/λ CrB 5,43; 6/μ CrB 5,14; 20/ν1 CrB 5,20; 21/ν2 CrB 5,40; 19/ξ CrB 4,86; 1/ο CrB 5,51; 9/π CrB 5,57; 17/σ CrB binaria 5,23 - 6,66; 16/τ CrB 4,73; 18/υ CrB 5,80
[editar] Outras estrelas notables
- R Coronae Borealis, estrela variable de magnitude 5,85, superxigante amarela que perde intensidade a intervalos irregulares. Da nome a un tipo de variables.
- T Coronae Borealis, nova recurrente que estourou nos anos 1866 e 1946.
[editar] Obxectos notables do espazo profundo
Corona Borealis non contén obxectos do espazo profundo brillantes. Abell 2065 é un cúmulo de galaxias que contén cerca de 400 membros, o máis brillante deles é de magnitude 16.
[editar] Mitoloxía
Na mitoloxía grega a coroa pertence a Ariadna, filla do rei de Minos. Ariadna non quería acepta-la proposta de matrimonio de Dionisio, que tiña forma mortal, pois non quería casar cun humano despois de ser abandoada por Teseo. Para probar que era un deus, Dionisio quitouse a corona e lanzouna ó ceo. Ariadna, compracida, casou con el e tornou inmortal.
Outra lenda di que Dionisio agasallou a Ariadna unha coroa coma presente de bodas. Cando ela mureu, o deus lanzou a coroa ó ceo onde ficou coma constelación. Posteriormente Ariadna foi divinizada por Zeus.
[editar] Vésaxe tamén
[editar] Ligazóns externas
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Corona Borealis (en inglés)
- Star Tales – Corona Borealis (en inglés)
As 88 constelacións modernas |
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hidra | Hidrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula |