See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Vulpecula - Wikipedia

Vulpecula

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Raposo (homónimos).
Vulpecula
Vulpecula
Nome Latino Vulpecula
Abreviatura Vul
Xenitivo Vulpeculae
Simboloxía O Raposa
Ascensión Recta 20 h
Declinación 25°
Área 268 graos cadrados

Rango 55º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante α Vul (Anser)

(magnitude ap. 4.44)

Choiva de meteoros

ningún

Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +90° e −55°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Setembro

Vulpecula, a raposa, é unha constelación do norte ubicada no medio do Triángulo de Verán, ó norte de Sagitta e Delphinus. Non contén ningunha estrela brillante.

Índice

[editar] Estrelas principais

  • α Vulpeculae (Lucida Anseris ou Anser), de magnitude visual 4,4, unha xigante vermella a 297 anos luz da Terra. A estrela é en realidade unha binaria óptica (cunha separación de 413.7") que pode ser vista usando uns simples binoculares. A estrela tamén é coñecida co nome de Anser, en referencia ó ganso que a raposa apreixa nas súas queixadas.
  • 13 Vulpeculae, terceira estrela máis brillante da constelación con magnitude 4,58; é unha estrela dobre onde a súa compoñente principal é unha xigante branco-azulada.
  • 15 Vulpeculae (NT Vulpeculae), variable do tipo Alfa2 Canum Venaticorum, estrela de cor branca.
  • 23 Vulpeculae, a segunda estrela en brillo da constelación con magnitude 4,5, é unha xigante laranxa.
  • T Vulpeculae, variable cefeida cun brillo que oscila entre magnitude 5,41 e 6,09 nun período de 4,4355 días.
  • HD 189733b, unha estrela amarelo-laranxa da secuencia principal cun planeta xigante gaseoso moi próximo á estrela, actualmente está sendo estudado plo Spitzer Space Telescope. No 12 de Xullo do 2007 o Financial Times (de Londres) informou sobre trazas de vapor de auga na atmósfera deste planeta. As temperatura da atmósfera de HD 189733b estarian por riba dos 1 000 °C, moi alta para ter unhas mínimas condicións de habitabilidade, este achádego abre as portas para atopar indicios de auga noutros planetas máis semellantes á Terra.
  • HD 188015, unha estrela subxigante amarela a 172 anos luz, cun planeta na chamada zona habitable.
  • PY Vulpeculae, anana branca pulsante, unha das máis brillantes deste grupo.
  • PSR B1919+21, o primeiro pulsar descoberto no ano 1967 por Antony Hewish e Jocelyn Bell en Cambridge. Cando estaban buscando por sinais de radio escintileantes de quasars, eles atoparon un sinal moi regular que consistia en pulsos de radiación dun intervalo de pouco segundos . Unha orixe terrestre foi desestimada por que o tempo que tomaba o obxecto en reaparecer era un día sideral e non un día solar. Esta anomalía foi finalmente identificada coma o sinal dunha rápida rotación dunha estrela de neutróns.o pulso chega cun intervalo de 1,3373 s, demasiado regular para ser asociado con calquera outro obxecto.

[editar] Obxectos Notables do espazo profundo

  • Nebulosa planetaria M27 ou Nebulosa Dumbbell, de magnitude 7,4, foi a primeira nebulosa planetaria descoberta, decoberta polo astrónomor francés Charles Messier no 1764. Pódese ver bastante ben cuns bos binoculares, aparece coma un disco globular duns 6 minutos de arco de diámetro aproximadamente. Cun telescopio revela unha forma en dobre lóbulo, semellante a un reloxio de area.
  • Asterismo Collinder 399 ou Cúmulo de Brocchi, é un cúmulo aberto, coñecido tamén pola 'Percha' debido á súa forma cando se observa cun telescopio de pouco aumento.
  • NGC 7052, galaxia elíptica.

[editar] Historia

Vulpecula.
Vulpecula.

Esta constelación, feita por Johannes Hevelius no 1690, no se atopa relacionada a ningunha lenda interesante nin a referencia mitolóxica algunha. Inicialmente chamouselle Vulpecula Cum Anser, a Raposa có Ganso, pero actualmente é coñecida simplemente coma Vulpecula (a Raposa).

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hidra | Hidrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -