See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Cepheus - Wikipedia

Cepheus

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cefeo (homónimos).
Cepheus
Cepheus
Nome Latino Cefeo
Abreviatura Cep
Xenitivo Cephei
Simboloxía O Rei Cefeo
Ascensión Recta 22 h
Declinación +70°
Área 588 graos cadrados

Rango 27°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

1
Estrela máis brillante α Cep (Alderamin)

(magnitude ap. 2.44)

Choiva de meteoros

ninguno

Constelacións

colindantes

Visible en latitudes entre +90° e −10°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Novembro

Cepheus é unha constelación do norte que representa ó lexendario rei de Etiopía Cefeo, casado con Casiopea e pai de Andrómeda. É unha das 88 constelacións modernas e unha das 48 constelacións nomeadas por Ptolomeo.

Índice

[editar] Estrelas principais

  • α Cephei (Alderamin), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 2,44, de cor branca.
  • β Cephei (Alfirk), prototipo das variables Beta Cephei, estrela branco-azulada de brillo variable entre magnitude 3,15 e 3,21. Ademáis é unha estrela Be que expulsa materia da súa superficie.
  • γ Cephei (Errai), con magnitude 3,22 é un sistema binario cun planeta extrasolar ó redór da estrela principal, unha subxigante laranxa.
  • δ Cephei, unha das estrelas máis famosas do ceo por se-lo prototipo das variables Cefeidas. É ademáis unha estrela dobre.
  • ε Cephei (Phicares), o seu nome é de orixe fenicio, é unha variable Delta Scuti de magnitude 4,18.
  • ζ Cephei, superxigante laranxa de magnitude 3,39 a 725 anos luz de distancia.
  • μ Cephei, a estrela granate, unha superxigante vermella e unha das estrelas visibles de maior tamaño.
  • ν Cephei, superxigante branca de magnitude 4,29.
  • ξ Cephei (Alkurhah), estrela dobre moi vistosa cunhas compoñentes que están separadas 8 segundos de arco.
  • 19 Cephei, estrela azul tan alonxada que non se coñece con exactitude a distancia á que se atopa.
  • OV Cephei, unha xigante vermella a só 3º do polo norte celeste que se atopa a 500 anos luz de distancia.
  • VV Cephei, unha das estrelas máis grandes que se coñecen; ademáis é unha binaria eclipsante.
  • Kruger 60, un sistema estelar composto por dúas ananas vermellas distante só 13 anos luz do sistema solar.

[editar] Obxectos Notables de espazo profundo

  • NGC 6939, AR: 20h 31m 24.0s Dec: +60°38'00" (Época 2000). Cúmulo aberto a 2.5 graos ó sur de θ Cephei.
  • NGC 188, cúmulo aberto, o máis próximo ó polo norte celeste.
  • NGC 6946, galaxia espiral na que se teñen observado oito supernovas, máis ca calquera outra galaxia.
  • NGC 40 e NGC 7354, nebulosas planetarias.

[editar] Mitoloxía

Cepheus, rei de Etiopía
Cepheus, rei de Etiopía

Casiopea é a nai de Andrómeda e muller de Cefeo, rei de Etiopía. Casiopea estaba tan fachendosa da beleza da súa filla que, por rivalizar coas Nereidas, éstas pidieronlle a Poseidón, deus dos mares, vinganza e el coma resposta enviou ó monstro mariño (Cetus) á costas do país causando grandes males.

Para enfrontarse a esta situación, Cefeo consultou ó oráculo de Amón, quen lle aconsellou sacrifica-la súa filla Andrómeda expoñendóa atada a unha rocha nun acantilado para que fose víctima do monstro. Así, Andrómeda é ofrecida a Cetus. Perseo, que viña de regreso da súa viaxe despois de derrotar a Medusa, divisou á víctima e namorouse no acto dela. Propuso a Cefeo liberala, a cambio de que se lle concedese a súa man. Perseo mata ó monstro e posteriormente casase con Andrómeda.

Cefeo, o pai de Andrómeda, foi catasterizado por vontade de Atenea.

[editar] Vésaxe tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


As 88 constelacións modernas
Andrómeda | Antlia | Apus | Aquarius | Aquila | Ara | Aries | Auriga | Boötes | Caelum | Camelopardalis | Cáncer | Canes Venatici | Canis Major | Canis Minor | Capricornus | Carina | Cassiopeia | Centaurus | Cepheus | Cetus | Chamaeleon | Circinus | Columba | Coma Berenices | Corona Australis | Corona Borealis | Corvus | Crater | Crux | Cygnus | Delphinus | Dorado | Draco | Equuleus | Eridanus | Fornax | Gemini | Grus | Hércules | Horologium | Hidra | Hidrus | Indus | Lacerta | Leo Minor | Leo | Lepus | Libra | Lupus | Lynx | Lyra | Mensa | Microscopium | Monoceros | Musca | Norma | Octans | Ophiuchus | Orión | Pavo | Pegasus | Perseus | Phoenix | Pictor | Pisces | Piscis Austrinus | Puppis | Pyxis | Reticulum | Sagitta | Sagittarius | Scorpius | Sculptor | Scutum | Serpens | Sextans | Taurus | Telescopium | Triangulum Australe | Triangulum | Tucana | Ursa Major | Ursa Minor | Vela | Virgo | Volans | Vulpecula


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -