See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Compañía Holandesa das Indias Occidentais - Wikipedia

Compañía Holandesa das Indias Occidentais

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Territorios de WIC
Territorios de WIC

Compañía holandesa das Indias Occidentais (en holandés: West-Indische Compagnie ou WIC) era unha compañía da mariña mercante dos Países Baixos entre os séculos XVII e XVIII.

Índice

[editar] Fundación

A República dos Sete Países Baixos Unidos outorgoulle o 3 de xuño de 1621 o estatuto de compañía, co que obtivo o monopolio comercial coas Indias occidentais (é dicir, o Caribe) e recibiu a xurisdición sobre o comercio de escravos de África, Brasil, o Caribe e Norteamérica.

O area no que a Compañía podía operar abarcaba África occidental (o area entre o Trópico de Cancro e o Cabo de Boa Esperanza) e América, que incluían o Océano Pacífico e a parte oriental de Nova Guinea.

O obxectivo da concesión foi eliminar a competencia, especialmente a de España e Portugal, entre os diversos postos comerciais establecidos polos comerciantes. A Compañía converteuse nun instrumento da colonización holandesa de América.

[editar] Monopolio comercial

A WIC estaba organizada de xeito similar á Compañía holandesa das Indias Orientais (VOC), moito máis grande e máis rica, que tiña o monopolio do comercio con Asia (principalmente en Indonesia) desde 1602, pero á WIC non se lle permitía emprender accións militares sen a aprobación do goberno holandés.

Como a VOC, a compañía tiña cinco oficinas, chamadas cámaras (kamers), en Ámsterdam, Róterdan (ambas en Holanda), Middelburg (en Zeeland), Hoorn e Groningen (no norte), das cales as de Ámsterdam e Middelburg eran as que contribuían máis á compañía. A xunta directiva tiña 19 membros, coñecidos como os Heeren XIX ('Señores').

[editar] Expansión

A compañía tivo ao principio un éxito relativo; nos anos de 1620 e 1630 establecéronse a maioría de postos e colonias comerciais. A área de Nova Holanda, que incluía Nova Ámsterdam, abarcaba as zonas dos actuais Nova York, Connecticut, Delaware e Nova Jersey. Establecéronse outros asentamentos nas Antillas Menores, Surinam e Brasil.

En 1630 estableceuse a colonia de Nova Holanda, con capital en Mauritsstad (a moderna Recife), nas posesións en Brasil conquistadas aos Portugueses.

En África establecéronse postos comerciais en Costa de ouro (hoxe Ghana) e brevemente en Angola.

[editar] Comercio e piratería

Outro éxito da WIC foi a captura dunha flota que transportaba prata das colonias españolas cara a Europa por Piet Hein en 1628. A piratería era un dos obxectivos da WIC.

Nas Américas as peles (Norteamérica) e o azucre (Suramérica) eran os bens comerciais máis importantes, mentres que os asentamentos en África comerciaban con escravos -a maioría destinados ás plantacións das Antillas e Surinam- ouro e marfil.

[editar] Perda das colonias

Con todo, os éxitos acabaron pronto. En 1654 perderon Nova Holanda, que volveu ao Brasil portugués, tras unha longa guerra, e moitos outros postos comerciais foron destruídos ou capturados por potencias europeas rivais.

A colonización de Nova Holanda non se estendeu moito máis, en parte debido á forte rivalidade con con Inglaterra, que conquistou Nova Holanda en 1664, e en parte debido á dificultade de atraer colonos coa política inicial da compañía, que se baseaba no sistema dos Patroon, que confería un poder enorme sobre os colonos aos homes que os conducían á colonia.

Tras anos de débedas, a WIC orixinal se replegó en 1674, e formouse unha nova compañía reorganizada. Abandonou a piratería e concentrouse principalmente no comercio de escravos entre África e as posesións conservadas en Surinam e as Antillas.

[editar] Clausura

Despois de que os ingleses conseguisen o control de Surinam durante moitos anos nos 1780, a WIC foi incapaz de recuperarse e en 1791, o goberno holandés adquiriu as accións da compañía e tomou o control dos territorios.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -