See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Recife - Wikipedia

Recife

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Recife
Estado Pernambuco
Superficie 218 km²
Poboación
Densidade
1.533.580 (2007)
6422/km²
Altitude 4 m sobre o nivel do mar
Latitude 8º 04'03" S
Lonxitude 34º 55'00" O
Distancia de Brasilia 2223 Km
Código postal (CEP) 50000-000
Administración local: Prefeitura Municipal de Recife - Av. Cais do Apolo, 925 - Bairro do Recife
Internet: http://www.recife.pe.gov.br
Alcalde (Prefeito) João Paulo Lima e Silva
Mapa


Recife é a capital do estado de Pernambuco e está situada no litoral brasileiro. Tiña una poboación de 1.422.905 habitantes segundo o Censo 2000.

Prédios do Centro da cidade do Recife.
Prédios do Centro da cidade do Recife.

[editar] Historia

Vista de Maurícia (Recife), baixo o dominio holandés. Imaxe baseada en deseño de Franz Post, de 1645.
Vista de Maurícia (Recife), baixo o dominio holandés. Imaxe baseada en deseño de Franz Post, de 1645.

Recife foi fundada polos portugueses o 1537 e ocupada polos holandeses en 1630. Na época, Portugal, e así tamén o Brasil, estavan baixo o domínio de España, da cual a Holanda era inimiga. Depois da restauración da coroa portuguesa, os holandeses permaneceran no Recife, e só foran expulsos totalmente o 1654. No período holandés, Recife coñeceu alguna toleráncia relixiosa (pois os holandeses, de relixión protestante, tiñan que conviver co os portugueses católicos, e precisavan da axuda dos comerciantes portugueses, moitos deles xudeus). Desta época, data a primeira sinagoga das Américas, situada hoxe no barrio do Recife Antigo.

Menos de 60 anos despois do retorno ó dominio portugués, Recife coñecería outra guerra: a chamada Guerra dos Mascates (1710 - 1712), entre señores de terras de produción de cana de zucre de Olinda e os comerciantes portugueses do Recife. Cando a administración de Recife foi emancipada de Olinda, os señores de terras non aceitaron e atacaron a cidade. A guerra terminou coa intervención de tropas portuguesas, a cal resultou na vitória dos recifenses, pero o sentimento anti-lusitano instalouse no pobo de Pernambuco.

No século XIX a cidade foi palco de outras tres revoltas en menos de 50 anos, todas de carácter liberal ou republicano: a Revolta de 1817, a Confederación do Ecuador en 1824 e a Revolución Praieira de 1848 a 1850. Tamén no século XIX a cidade gañou a súa Faculdade de Dereito, unha das primeiras instaladas no Brasil, a cal aumentou o seu prestixio e incentivou as actividades de intelectuais.

[editar] Clima

Recife ten un clima tropical co alta humidade relativa do ar. As súa temperatura varia pouco durante o ano por súa proximidade co mar. Xaneiro é o mes máis quente, co temperatura máxima de 30ºC e mínima de 25°C e sol intenso. Xullo é o mes máis frío, co temperatura máxima de 27°C e mínima de 22°C e moita chuvia.

[editar] Economía

Vista de Recife, con seu barrio antigo (á direita) e a parte moderna.
Vista de Recife, con seu barrio antigo (á direita) e a parte moderna.

As súas atividades económicas principais son o seu diversificado comercio e os servizos (incluindose actividades ligadas ó lecer , adminstración pública e turismo). Seu antigo porto hoxe é pouco usado, sendo máis importante economicamente o porto de Suape, situado a 40 km ao sur. Hai algunhas industrias no territorio do município, pero a maioría das fábricas sitúanse en cidades veciñas.

Rúa de Recife Antigo.
Rúa de Recife Antigo.

O turista ten como atraccións para visitar a praia de Boa Viagem, o barrio do Recife Antigo e súas construcións, súas igrexas e fortes antigos (como o Forte Cinco Pontas e a Fortaleza do Brum) e a feira de Artesanato na Casa de Cultura (dende antes funcionava un presídio, e dende se pode mirar, na outra marxen do río Capibaribe, a Rúa da Aurora e suas casas antigas. Próximo do Recife, está a cidade de Olinda, cuxa parte antiga é considerada Património Cultural da Humanidade pola UNESCO.

Carnaval no Recife.
Carnaval no Recife.

Non se pode tamén esquecer o seu Carnaval, que non ten no samba a súa música, pero sí o frevo, un ritmo rexional de Pernambuco.

Como opcións de hospedaxe hai diversos hotéis de alto padrón de redes internacionais, e outros máis antigos ou máis simples. O seu aeroporto recebe voos dende a Europa (principalmente de Portugal). Recife é tamén punto de partida para visitar cidades lindeiras, como Itamaracá, Olinda, Jaboatão dos Guararapes e o distrito de Porto de Galinhas, na cidade de Ipojuca.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -