Olinda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Estado | Pernambuco | ||
Superficie | 40,83 km² | ||
Poboación Densidade |
391 433 (2007) 9 010 hab./km² |
||
Latitude | 08° 00' 32" S | ||
Lonxitude | 34° 51' 18" W | ||
Altitude | 16 m | ||
Distancia de Recife | 7 km | ||
Código postal | 53100-xxx | ||
Administración | Prefeitura Municipal de Olinda - Rua de São Bento, 123 - Varadouro | ||
Prefeito | Luciana Barbosa de Oliveira Santos | ||
Internet | http://www.olinda.pe.gov.br | ||
Mapa da cidade en Brasil | |||
---|---|---|---|
Olinda é unha cidade do estado brasileiro de Pernambuco. A súa poboación estimada o 2007 era 391 433 habitantes. A súa superficie total é 40,83 km².
O nome da cidade de Olinda, segundo se cre, derivou da frase Ó linda localización para construir unha cidade, por causa da beleza da paisaxe que se enxerga desde o outeiro onde se fundou no ano 1535 por Duarte Coelho Pereira. Foi elevada a vila o 12 de marzo de 1537. Olinda era sé da Capitanía de Pernambuco, pero foi incendiada no século XVII polos holandeses, que mudaron a sé para a cidade do Recife. Cando os holandeses foron expulsados o 1654, voltou a ser capital. O 1837, perdeu o título de capital de Pernambuco novamente para Recife.
Olinda fai parte da Rexión Metropolitana do Recife, e localízase a 7 Km desta. Limita ao norte coa cidade de Paulista, ao sur e oeste co Recife, e a este co Océano Atlántico.
Destacase pola súa beleza natural, e tamén é un dos máis importantes centros culturais e históricos do Brasil, conservando casas e igrexas do período colonial. Foi declarada, en 1982, Patrimonio Histórico e Cultural da Humanidade pola UNESCO.
O seu Carnaval tamén é coñecido en todo o Brasil e no exterior. Diferente do sur do Brasil onde predomina o samba, os bailes carnavalescos son animados polo ritmo acelerado e a danza do frevo, co seus pasos acrobáticos. Hai tamén o desfile dos maracatus, manifestación folclórica que mezcla elementos africanos, indíxenas e europeus na danza, na percusión e nas vestimentas dos participantes.