See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Cebra - Wikipedia

Cebra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cebra
Clasificación Científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Classe: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Xénero: Equus
Especies
Equus Zebra
Equus Quagga
Equus Grevyi

As cebras son membros da familia dos cabalos nativa de África central e do sur. Teñen raias verticais negras e brancas nos cuartos dianteiros, tendendo horizontalmente cara a parte traseira do animal. No seu hábitat natural realizan migracións en grandes manadas en busca de alimentos.

[editar] Especies

Hai tres especies e moitas subespecies. As poboacións de cebras varían moito, e as relacións e estatus taxonómicos de moitas das subespecies son pouco claros. Por outro lado, convén recordar que a verba "cebra" non representa unha realidade dende o punto de vista evolutivo, senon que agrupa artificialmente tres especies en función dun carácter (a pel a raias) que non é derivado, senon primitivo. As raias aparecen tamén en maior ou menor medida nas patas e lombo dos asnos e cabalos salvaxes, e se manifestan máis fortemente nos híbridos, aínda que entre os proxenitores non haia ningunha cebra de por medio (caso das mulas), evidenciando que a presenza de raias é un carácter antigo dentro do xénero Equus e non un derivado propio dun subgrupo dentro deste. As cebras, simplemente, foron un paso máis alá no desenvolvemento dunhas raias que xa posuían, mentres que os cabalos e asnos tenderon a perdelas ou a enmascaralas. Aínda que a taxonomía das cebras segue sendo dubidosa, certos estudos como o de Debra K. Bennett (publicado baixo o expresivo título As raias non fan á cebra) indican que a cebra de planicie e a de Grèvy son especies irmás, pero que a cebra de montaña está máis emparentada co cabalo que con estas. Dentro dos équidos actuais, o grupo tradicional formado polos asnos africanos e asiáticos sería o único cunha historia evolutiva detrás que o respalde.

Cebra de Chapman (Equus quagga antiquorum)
Cebra de Chapman (Equus quagga antiquorum)
Cebra de Grévy
Cebra de Grévy
Quagga (extinta)
Quagga (extinta)
  • A cebra común, cebra de planicie (Equus quagga, anteriormente Equus burchelli) é a máis común, e ten aproximadamente cinco subespecies distribuidas arredor de gran parte do leste e sur de África.
  • A cebra de montaña (Equus zebra) do sudoeste de África xeralmente ten unha capa lisa coa panza branca e raias máis angostas que a cebra de planicie. Ten dúas subespecies e é clasificada como especie en perigo.
  • A cebra de Grevy (Equus grevyi) é a de maior tamaño, con crin hirsuta e testa longa e estreita que lle confire certo aspecto de mula. Habita os herbazais semiáridos de Etiopía, Somalia e Kenia do norte. Tamén se atopa en perigo.
  • Familia équidos
    • Cabalo de Przewalski, Equus przewalskii
    • Cabalo doméstico, Equus caballus
    • Burro, Equus asinus
    • Onagro ou asno asiático, Equus hemionus
    • Cebra común, Equus quagga
      • Quagga, Equus quagga quagga (extinta)
      • Cebra de Burchell, Equus quagga burchelli (¿extinta?)
      • Cebra de Grant, Equus quagga boehmi
      • Cebra de Chapman, Equus quagga antiquorum
      • Cebra de Selous, Equus quagga selousi
    • Cebra de montaña, Equus zebra
      • Cebra de montaña do Cabo, Equus zebra zebra
      • Cebra de Hartmann, Equus zebra hartmanni
    • Cebra de Grevy, Equus grevyi
      • (sen subespecies)

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de: Cebra


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -