See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Quagga - Wikipedia

Quagga

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Quagga
Estado de conservación
Extinta (1883)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Xénero: Equus
Especie: Equus Quagga
Nome científico
Equus Quagga Quagga
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O Quagga (Equus quagga quagga) é unha subespecie de cebra de planicie (Equus quagga) extinta. Ó contrario que as subespecies hoxe existentes, o quagga era unha cebra de peluxe pardo-avermellado non raiado no lombo e cuartos traseiros, e salpicado de raias negras na cara, pescozo, costados e críns. O bandullo e as patas eran enteiramente brancas. Estas diferenzas tan grandes en canto a coloración conduciron a que fora descrita inicialmente (1788) como unha especie aparte.

Os quaggas formaban manadas na zona surleste da actual Sudáfrica, sendo especialmente abundantes na provincia d'O Cabo. O seu nome procede da lingua dos Khoi (Hotentotes) e ten unha orixe onomatopéico: é unha adaptación do ruido característico do propio quagga.

Ilustración dun Quagga
Ilustración dun Quagga

Os quaggas foron cazados desde a chegada dos primeiros colonos holandeses pola súa carne e a súa pel. A mediados do século XIX, a colonización do interior ocasionada polo éxodo dos bóers descontentos coa soberanía inglesa sobre a colonia conduciu á matanza de milleiros de cabezas dentro dun plan xeral de exterminio de animais salvaxes na zona. Esta política tiña como obxectivo o destinar as terras de pasto das grandes manadas ó gando doméstico. A poboación destes animais en liberdade descendeu drasticamente, até o punto de que a especie xa se extinguira en Sudáfrica para 1870. O 12 de agosto de 1883 morreu o último quagga que vivía en cautividade no zoo de Amsterdam, extinguindose definitivamente a subespecie.

O quagga é o único animal extinto cuxo ADN ten sido extraído, secuenciado e estudado na súa totalidade. Grazas a isto, os laboratorios da Smithsonian Institution de Washington D.C. puideron probar finalmente e sen asomo de dúbida que o quagga era unha subespecie da cebra de planicie, que se definiu como raza entre 120000 e 290000 anos atrás.

A disponibilidade de ADN en perfectas condicións fai posible a teórica resurrección do quagga por medio da clonación. Porén, non se ten realizado ningún experimento neste sentido, pero sí a formación de "novos" quaggas a partir de cebras de planicie do Parque Nacional Etosha de Namibia mediante un proceso de cría selectiva que potencie as cualidades máis afíns ó extinto quagga en cada xeración. O chamado Proxecto Quagga comezou a traballar neste sentido en 1987 con nove cebras procedentes de Etosha, elexidas entre 205 candidatas. O proxecto está en marcha dende entón en Vrolijkheid, preto de Robertson, Sudáfrica.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -