See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Arthur C. Clarke - Wikipedia

Arthur C. Clarke

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Arthur C. Clarke
Arthur C. Clarke

Sir Arthur Charles Clarke ou máis coñecido como Arthur C. Clarke (16 de decembro de 1917 - Colombo, 19 de marzo de 2008) é un escritor e inventor británico. Autor de obras de divulgación e ficción científica, como O sentinela ou 2001: Unha odisea do espazo.

Índice

[editar] Biografía

Naceu en Minehead, Somerset. Xa de pequeno mostrou o seu fascinación pola astronomía, cun telescópio casero debuxou un mapa da lúa. Terminados os seus estudos secundarios en 1936, trasládase a Londres. Durante a Segunda Guerra Mundial, serviu na Royal Air Force (Forza Aérea Real) como especialista en radares, involucrándose no desenvolvemento dun sistema de defensa por radar, e exercendo como instrutor da nacente especialidade. Concluída a guerra, publica o seu artigo técnico Extra-terrestrial Relays, no cal senta as bases dos satélites artificiais en órbita xeoestacionaria (chamada, no seu honor, órbita Clarke), unha das súas grandes contribucións á ciencia do século XX. Este traballo valeralle numerosos premios, bolsas e recoñecementos.

Nese período estuda matemáticas e física no prestixioso King's College de Londres, estudos que finalizou con honores. Tamén exerceu varios anos como presidente da Sociedade Interplanetaria Británica (BIS), feito que demostra a súa gran afección pola astronaútica.

A súa sona mundial consolidouse coas súas intervencións na televisión: na década dos 60, como comentarísta da CBS das misións Apolo; e na década dos 80, grazas a un par de series de televisión que realizou.

Tamén son coñecidas as súas famosas leis de Clarke, publicadas no seu libro de divulgación científica Perfís do Futuro (1962). A máis popular (e citada) delas é a chamada "Terceira Lei de Clarke": Toda tecnoloxía dabondo avanzada é indistinguible da maxia.

Desde 1956 vive na illa de Sri Lanka (antiga Ceilán), en parte polo seu interese pola fotografía e a exploración submarina, en parte pola súa fascinación pola cultura india.

Tamén no seu honor prestou o seu nome a un asteroide, 4923 e unha especie de dinosauro Ceratopsian, o Serendipaceratops arthurcclarkei descuberto en Inverloch, Australia.

[editar] Clarke e a ficción científica

Comezou a escribir ficción científica ao finalizar a guerra. O primeiro conto publicado foi Partida de Rescate, que apareceu no o número de maio de 1946 de Astounding e que lle serviu como punto de partida dunha frutífera carreira. Entre os seus primeiros relatos destaca O sentinela (The Sentinel), que serviu de base para a súa novela 2001: Unha odisea espacial (1968) e para a película do mesmo nome do director Stanley Kubrick.

Pódense diferenciar claramente tres etapas na súa produción:

  • As novelas utópico/humanistas dos anos 50, principalmente O fin da infancia, A cidade e as estrelas e a propia 2001: Unha odisea espacial
  • O rigor científico dos anos 70, pola que será incluído entre os autores de ficción científica dura, con obras como Cita con Rama e sobre todo Fontes do paraíso
  • Unha última etapa a finais dos 80 e nos 90, onde Clarke comparte a autoria dos seus principais títulos, pechando as grandes sagas (RAMA e 2001), véndose un perfil claramente político/social como en "Factor Detonante" ou "Sismo Grado 10", sen perder o carácter de obra de ficción científica.

[editar] Estilo

Moitos dos seus relatos iniciais xiran ao redor dunha trama científica, á que gustaba de adornar cun final sorprendente. Resolve a maioría das súas obras cun ton xeralmente aséptico, sen floreos nin artificios, deixando que sexan as ideas encerradas as que manteñan a atención do lector. Este estilo só se rompe para permitir certo grao de fino humor elaborado.

En canto aos seus temas, xiran en torno a dúas ideas fundamentais: optimismo polos beneficios do progreso científico (polo que destacou nunha época de certo desalento tralo lanzamento das bombas atómicas), e o encontro con especies e culturas superiores (sempre nun ton moi paternalista).

Como divulgador científico, foi sempre comparado (e equiparado) pola súa claridade e amenidade con outro coetáneo: Isaac Asimov.

[editar] Bibliografía

[editar] Novelas:

  • Preludio ao espazo (1951)
  • As areas de Marte (1951)
  • Illas no ceo (1952)
  • O fin da infancia (1953)
  • Claro de Terra (1955)
  • A cidade e as estrelas (1956)
  • Nas profundidades (1957)
  • Naufraxio no mar selenita (1961)
  • 2001: Unha odisea espacial (1968)
  • Cita con Rama (1973)
  • Regreso a Titán (1975)
  • Fontes do paraíso (1979)
  • 2010: Odisea dous (1982)
  • Cánticos da afastada terra (1986)
  • Venus Prime (1987)
  • 2061: Odisea tres (1987)
  • Rama II (1989) (con Gentry Lee)
  • Trala Caída da Noite (1990) (con Gregory Benford)
  • O espectro do Titanic (1990)
  • O mundo é un (1992)
  • O martelo de Deus (1993)
  • O xardín de Rama (1994) (con Gentry Lee)
  • 3001: Odisea final (1996)
  • Rama revelada (1991) (con Gentry Lee)
  • Luz doutros días (2000) (con Stephen Baxter)

[editar] Coleccións de relatos:

  • Expedición á Terra (1953) (inclúe O Sentinela)
  • Alcanza o mañá (1956)
  • Contos da taberna do Cervo Branco (1957)
  • Relatos de dez mundos (1961)
  • O vento do Sol: relatos da era espacial (1972)
  • Contos do planeta Terra (1990)

[editar] Premios

  • Nebula de 1973, Hugo, Locus e John W. Campbell Memorial de 1974 á mellor novela por Cita con Rama
  • Hugo de 1980 á mellor novela por Fontes do paraíso


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -