Andrade (apelido)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Andrade é un apelido galego, probabelmente orixinario da vila de Andrade en Pontedeume, que tamén aparece rexistrado en ocasións como Andrada e aparece por primeira vez en documentos galegos do Século XII.
Índice |
[editar] Familia Aristócrata de Andrade
- Artigo principal: Conde de Andrade.
A finais do Século XII, comeza a tomar importancia unha família orixinaria de Andrade cuxas vilas o rei D. Henrique II fixo mercede a seu privado Fernán Pérez de Andrade, descendente de Bermudo Peres de Traba Freire de Andrada, que proviña dos antigos condes de Traba e Trastámara. Esta familia chegaría a dominar as terras de Ferrol, Pontedeume, Betanzos e Vilalba.
Os Andrades - ou Andradas - ligaronse por diversas veces aos Freires, razón por que os dous apelidos pasaron a considerarse indisociábeis, usando uns Andrade Freire, outros Freire de Andrade.
A día de hoxe, as propiedades que no seu día pertenceron aos Condes de Andrade e Vilalba, forman parte das moitas outras posesións da Casa de Alba.
A esta familia pertenceron algúns personaxes importantes da historia de Galiza, como:
- Fernán Pérez de Andrade, o Bo
- Nuno Freire de Andrade, o Mao
[editar] Os Andrade en Portugal e no Brasil
Os principais ramos portugueses proveñen de Rui Freire de Andrade (1295-1362), que veu para Portugal con seus dous fillos D. Nuno Rodrigues Freire de Andrade (c. 1300-1372), mais tarde 6º mestre da Orden de Cristo, e Vasco Freire.
Xoán Fernandes de Andrade, fillo de Fernán Dias de Andrade e de D. Beatriz da Maia, serviu os reis D. Afonso V e D. João II nas tomadas de Arzila e de Tanxer e en recompensa dos seus servizos tivo mercede nova de armas (28 de febreiro de 1485), alén da doazón, na illa da Madeira, das terras do Arco da Calheta.
[editar] Distribución do Apelido na Actualidade
Andrade é un apelido relativamente frecuente en España, Portugal, Iberoamérica, os Estados Unidos de América e as ex-colonias portuguesas en África.
[editar] Andrades célebres
- Antonio Freire de Andrade (1580–1634)
- Carlos Drummond de Andrade (1902–1987) Poeta brasileiro
- Edward Neville Da Costa Andrade (1887-1971), Escritor e científico Inglés
- Francisco d'Andrade (1859–1921), cantante de ópera portugués
- Gomes Freire de Andrade (1757–1817), Xeneral portugués
- Mário Corino de Andrade (1906-2005), Neurólogo portugués
- Mário Raúl de Morais Andrade (1893–1945), poeta, novelista e ensaísta brasileiro
- Olegario Víctor Andrade (1841–1882), Escritor arxentino
- Oswald de Andrade (1890–1954), Escritor, ensaísta e dramaturgo brasileiro