Conde de Andrade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Conde de Andrade e Vilalba é un título de nobreza galego concedido por Henrique II a Fernán Pérez de Andrade I, a finais do século XIV.
A familia Andrade, orixinaria do lugar do mesmo nome comezou a ter importancia no século XII. O seu primeiro membro do que se ten noticia é Fortunio Bermúdez, o seu fillo Pedro Bermúdez de Andrade (1182-1235) foi o primeiro chamado Señor de Andrade e avó de Fernán Pérez de Andrade, quen tras apoiar ao herdeiro do trono Pedro I (que lle deu o señorio de Vilalba) se puxo da parte do usurpador Henrique de Trastámara fronte a seu irmán Pedro. Cando aquel acedeu ao trono, concedeulle importantes privilexios, entre eles o condado. O título pasou aos seus sobriños e dai ao mais importante da familia Fernán Pérez de Andrade II. Teresa, a filla de Fernando Pérez de Andrade, casou co conde de Lemos e o título transmitiuse desde entón co condado de Lemos. Hoxe fai parte do conxunto de títulos da Casa de Alba
[editar] Condes de Andrade
- Fernan Pérez de Andrade I (1326-1380) sucedido polos seus sobriños
- Pedro Fernández de Andrade m.1387
- Rui Freire de Andrade
- Fernán Pérez de Andrade II O Bo (1326-1397) Sucedeuno seu sobriño, fillo de seu irmán Xoán
- Pedro Freire de Andrade pai de,
- Nuno Freire de Andrade o Mao, m.1440 pai de Pedro e Fernán
- Pedro Fernández de Andrade m.1436
- Fernan Peres de Andrade m. 1468 pai de:
- Diego Freire de Andrade m.1489 pai de:
- Fernando Freire de Andrade, (1477-1540)