See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Wikipedia:A Galipedia é unha enciclopedia galega, pero non só - Wikipedia

Wikipedia:A Galipedia é unha enciclopedia galega, pero non só

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Isto non é unha política oficial da Galipedia.
Esta non é unha política ou norma oficial da Galipedia. Trátase dunha proposta que se está a debater e que terá
que ser votada antes de se converter en oficial. Use a páxina de conversa para propoñer cambios nesta proposta.
Esta páxina en resumo: Non fagas artigos como se a Galipedia só se preocupase de Galicia. Tampouco os fagas como se Galicia non existise

A Galipedia é a wikipedia en lingua galega e a maior parte dos seus usuarios activos son persoas que falan galego. Así, é lóxico que creen e editen artigos que teñen que ver con Galicia e que lle dean relevancia na wikipedia ás cousas ás que llela dan no mundo real.

Isto pode levar a un punto de vista reducionista, de maneira que só se vexa a realidade a través do prisma galego. Hai que lembrar que a Galipedia non é unha enciclopedia da cultura galega, senón unha enciclopedia universal, como todas as que forman parte do proxecto wikipedia, e onde ademais é necesario respectar un punto de vista neutral, e un enfoque local é unha forma de parcialidade. Ademais, os seus contidos poden ser consultados tanto por galegos que viven fóra de Galicia, como por persoas que non son galegas pero que poden ler este idioma (ben porque falen linguas próximas, ben porque aprendesen galego no estranxeiro).

Por outra parte, ás veces créanse artigos na Galipedia que son traducións doutras wikipedias. Se esas traducións non se realizan correctamente poden incluír erros graves de perspectiva, pero ás veces simplemente non contemplan nesa redacción a importancia que o acontecemento, o feito ou o obxecto teñen para Galicia e, o que é máis importante, para a maioría de usuarios da Galipedia.

Índice

[editar] Demasiado galego

Velaquí algúns casos arquetípicos do que poderían ser artigos demasiado galegos. Non son exemplos reais:

  • Un artigo sobre o románico que só tratase do desenvolvemento dese estilo en Galicia. As imaxes que ilustran ese artigo son sete, e todas pertencen a igrexas galegas.
  • Un artigo sobre a Guerra da Independencia española de 1808 que só recollese información sobre o seu desenvolvemento en Galicia: Cachamuíña, John Moore e a tertulia de Picaños.
  • Un artigo sobre quentamento global que só incluíse ligazóns externas que levan a webs de asociacións ecoloxistas galegas e da consellería da Xunta encargada do tema.
  • Un artigo sobre Bob Dylan que só falase das dúas veces que Bob Dylan tocou en Galicia.
  • Un artigo sobre o millo que empezase coa frase '’’O millo chegou a Galicia en...’’ e rematase falando dos concellos galegos ordenados pola súa produción de millo.

[editar] Demasiado pouco galego

Velaquí algúns casos típicos de artigos ficticios que carecerían de información dende unha perspectiva galega:

  • Un artigo sobre o románico que só tratase do desenvolvemento dese estilo en Francia. As imaxes que ilustrarían o artigo son sete, e ningunha delas pertence a igrexas galegas.
  • Un artigo sobre a Guerra da Independencia española de 1808 que recollese escasa información sobre o seu desenvolvemento en Galicia e a presentase esparexida, de maneira que non é posible ter unha visión en conxunto de como afectou a Galicia.
  • Un artigo sobre quentamento global que incluíse unicamente ligazóns externas que levasen a webs de asociacións ecoloxistas estadounidenses e do departamento do goberno dos Estados Unidos, pero non incluíse ligazóns a grupos de investigación galegos sobre o tema.
  • Un artigo sobre Bob Dylan que non mencionase se tocou en Galicia algunha vez.
  • Un artigo sobre o millo que non fixese ningunha mención á produción de millo en Galicia nin ás variedades que se cultivan en Galicia, e que si o fixese, por exemplo, desas mesmas variábeis en México e España.

[editar] Problema de relevancia

Moitas veces, tanto na Galipedia como noutros proxectos wiki, prodúcense debates sobre a conveniencia de manter un artigo por mor da súa relevancia. Tamén a miúdo ese problema formúlase coa frase modelo de ‘’é un artigo sobre un ciclista polaco; ten relevancia na súa wiki pero non fóra’’.

Esa é unha forma de desenfocar o problema. A Galipedia pode aspirar co tempo a encher o mesmo coñecemento ca calquera outra wikipedia, e na mesma medida. Pero é moi probábel que as razóns que levaron á creación dese artigo sobre ese suposto ciclista polaco na Galipedia teñan que ver coa autopromoción ou coa edición do mesmo artigo en varios proxectos wiki por parte do mesmo usuario. Polo tanto o debate non se debe suscitar en torno á relevancia, pois non será máis relevante un galego ca un polaco polo feito de selo, senón en torno a prácticas de promoción que están moi mal consideradas dentro da wikipedia.

[editar] Como se soluciona?

Dependendo do artigo e do problema, pode haber varios tipos de solucións:

  • Se o problema é de imaxes, pódese crear un equilibrio de orixes, de maneira que haxa unha boa proporción entre imaxes dese fenómeno en Galicia e fóra.
  • Se o problema é de contidos textuais, pódese optar por crear un apartado propio dentro do artigo ou, en función do seu volume, un artigo propio. Un exemplo do primeiro pode ser Chateaubriand. Do segundo, Historia da moeda en Galicia
  • Se o problema é de ligazóns, pódese crear un equilibrio de orixes, de maneira que haxa unha boa proporción entre ligazóns dese fenómeno en Galicia e fóra.

[editar] Marcadores

Os marcadores deberían servir para corrixir esas dúas tendencias. Quizais vostede non saiba como se cultiva o mexillón fóra de Galicia, pero quizais outro usuario si, e cando vexa ese marcador poderá axudar a ampliar ese artigo. Quizais vostede non teña datos da importancia do GRAPO en Galicia, pero quizais outros usuarios poidan reunir contidos sobre os seus atentados e militantes galegos e escribir unha boa sección.

Os marcadores non son para atacar a ninguén. Tampouco é para advertir da baixa calidade dun artigo, pois para iso xa hai outros marcadores. O marcador debe servir para mellorar a calidade do artigo contemplándoo dende outra perspectiva (máis galega, menos galega).

Os marcadores son dous: {{galeguizar}} e {{desgaleguizar}}.


Falta por galeguizar.
A este artigo fáltanlle contidos, imaxes ou perpectivas relacionados con Galicia. Por favor, galeguíceo.


Falta por galeguizar.
A este artigo fáltanlle contidos, imaxes ou perpectivas que non sexan unicamente galegas. Por favor, desgaleguíceo.


[editar] Precedentes

Esta proposta de política foi orixinada a partir deste debate sostido na Taberna.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -