See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ril - Wikipedia

Ril

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Riles de año
Riles de año

Os riles son dous órgaos con forma de faba . No ser humano cada un tén, aproximadamente, o tamaño do seu puño pechado. Localizados no retroperitoneo, xusto debaixo das costelas, á altura das primeiras vértebras lumbares, filtran o sangue do aparato circulatorio e permiten a excreción a través da urina de diversos residuos metabólicos do organismo por medio dun sistema complexo que inclúe mecanismos de filtración, absorción e excreción.

Cada día os riles procesan uns 200 litros de sangue para producir, aproximadamente, 2 litros de urina, unha solución líquida composta de auga e diversas sustancias en cantidade variábel que se eliminan do organismo, procedentes do metabolismo corporal. A urina baixa continuamente para a vexiga a través duns conductos chamados uréteres. A vexiga almacena a urina ata o intre de orinar.

Índice

[editar] Funcións do ril

Os residuos eliminados na urina proceden da actividade metabólica de todo o organismo. Se os rile non eliminaran estes residuos, acumularíanse no sangue e serían nocivos para o organismo. Ademais de eliminar os rexeitos, as células renais producen sustancias que controlan diversas funcións no organismos. Os riles producen renina, que regula a tensión arterial mediante o sistema renina-anxiotensina-aldosterona; producen eritropoxetina que regula a síntese de glóbulos vermellos e actua na formación da vitamina D, esencial para a síntese de tecido óseo.

Os desperdicios filtrados do sangue pasan á vexiga.

[editar] Filtrado

Na nefrona (lado esquerdo da gráfica), pequenos vasos sanguíneos entrelázanse con tubos colectores de urina. Cada ril contén arredor de 1 millón de nefronas.
Na nefrona (lado esquerdo da gráfica), pequenos vasos sanguíneos entrelázanse con tubos colectores de urina. Cada ril contén arredor de 1 millón de nefronas.

A filtración ocorre en pequenas unidades colocadas dentro dos riles chamadas nefroas. Cada ril tén arredor dun millón de nefroas. Na nefroa, un glomérulo--que é un pequeno vaso sanguíneo ou capilar-- entrelázase cun pequeno tubo colector de urina chamado túbulo. Producese un complicado intercambio de sustancias químicas a medida que os rexeitos e a auga saen do sangue e entran no sistema urinario.

Ao principio, os túbulos reciben unha mestura de rexeitos e sustancias químicas que o corpo aínda pode usar. Os riles miden as sustancias químicas, tales como o sodio, o fósforo e o potasio, e envíannas de regreso ao sangue, que as devolve ao corpo. Dese xeito, os riles regulan a concentración desas sustancias no corpo. Fai falla un equilibrio correcto para manter a vida, mais as concentracións excesivas poden ser perxudiciais.

Ademais de retirar os rexeitos, os riles liberan tres hormonas importantes:

  1. eritropoyetina, que estimula a produción de glóbulos vermellos pola medula ósea.
  2. renina, que regula a presión arterial
  3. a forma activa da vitamina D, que axuda a manter o calcio para os ósos e para o equilibrio químico normal no corpo

[editar] Doenzas que afectan os rins

Case todas as doenzas dos riles atacan as nefronas e fanlles perder a súa capacidade de filtración. A lesión ás nefronas pode ocorrer axiña, a miúdo como resultado de lesión ou intoxicación. Mais case todas as doenzas dos riles destrúen as nefronas lenta e silenciosamente. Tal vez pasen moitos anos ou aínda decenios antes de que se manifeste o dano.

As dúas causas de doenza dos riles máis comúns son a diabetes e a tensión arterial alta (hipertensión).

[editar] Listado de doenzas

  • Cálculo renal
  • Nefropatía diabética
  • Glomerulonefrite
  • Hipertensión arterial
  • Doenzas hereditarias ou conxenitas dos riles

[editar] Referencias

[editar] Véxase tamén

  • Ril artificial


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -