Sangue
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O sangue é un tecido líquido que circula polo sistema vascular sanguíneo dos animais vertebrados e que ten como función a manutención da vida do organismo. O sangue está constituído, en volume, por un 45% de células sanguíneas e un 55% de plasma. As células do sangue son de 3 tipos: hemacias (ou eritrocitos, glóbulos vermellos), leucocitos (ou glóbulos brancos) e plaquetas (ou trombocitos). O plasma, o compoñente líquido, está formado por un 90% de auga, 1% de substancias inorgánicas (como potasio, sodio, ferro, calcio, ...), 7% de proteínas plasmáticas (albumina, inmunoglobulinas e fibrinóxeno, principalmente) e 1% de substancias orgánicas non proteicas, residuos resultantes do metabolismo, hormonas (hormonas). Presenta disolvidos gases como osíxeno e dióxido de carbono. Debido á presenza da molécula da hemoglobina nas hemacias, nos animais vertebrados o sangue é de cor vermella.
Índice |
[editar] Transfusión
A transfusión sanguínea realízase para repor a perda do fluído corpóreo debido a algunha doenza ou trauma grave que veña a traer perda substancial que non poida ser reposta pola propia persoa. Vexa tamén Hemoterapia.
[editar] Historia
As primeiras transfusións de sangue realizáronse en animais no século XVII por Richard Lower, en Oxford, no ano de 1665.
Dous anos máis tarde, Jean Baptiste Denis, médico de Luis XIV, profesor de filosofía e matemática na cidade de Montpellier, a través dun tubo de prata, infundiu un vaso de sangue de carneiro en Antoine Mauroy, de 34 anos, doente mental que deambulaba polas rúas da cidade que faleceu despois da terceira transfusión. Na época, as transfusións eran heterólogas e Denis defendía a súa práctica argumentando que o sangue dos animais estaría menos contaminado de vicios e paixóns. Esta práctica considerouse criminosa e prohibiuse inicialmente pola Faculdade de Medicina de París, posteriormente en Roma e na Royal Society, da Inglaterra.
En 1788, Pontick e Landois obtiveron resultados positivos realizando transfusións homólogas, chegando á conclusión de que poderían ser benéficas e salvar vidas. A primeira transfusión con sangue humano é atribuída a James Blundell, en 1818, que despois de realizar con éxito experimentos en animais, transfundiu a mulleres con hemorraxias post-parto.
No final do século XIX, problemas coa coagulación do sangue e reaccións adversas continuaban a desafiar os científicos.
En 1869, iniciáronse tentativas para atopar un anticoagulante non tóxico, culminando coa recomendación do uso de fosfato de sodio, por Braxton Hicks. Simultaneamente desenvolvíanse equipamentos destinados á realización de transfusións indirectas, ben como técnicas cirúrxicas para transfusións directas, ficando eses procedementos coñecidos como transfusións brazo a brazo.
En 1901, o inmunoloxista austríaco Karl Landsteiner describiu os principais tipos de células vermellas: A, B, O e máis tarde a AB. Como consecuencia desa descuberta, tornouse posíbel estabelecer cales eran os tipos de células vermellas compatíbeis e que non causarían reaccións desastrosas, culminado coa morte do receptor.
A primeira transfusión precedida da realización de probas de compatibilidade, realizouse en 1907, por Reuben Ottenber, porén este procedemento só pasou a utilizarse en larga escala a partir da Primeira Guerra Mundial (1914-1918).
En 1914, Hustin relatou o emprego de citrato de sodio e glicosa como unha solución diluinte e anticoagulante para as transfusións, e en 1915 Lewisohn determinou a cantidade mínima necesaria para a anticoagulación. Desta forma, tornábanse máis seguras e prácticas as transfusións de sangue.
Idealizado en Leningrado, en 1932, o primeiro banco de sangue xurdiu en Barcelona en 1936 durante a Guerra Civil Española.
Despois de catro décadas da descuberta do sistema AB0, outro feito revolucionou a práctica da medicina transfusiva, a identificación do factor Rh, realizada por Landsteiner.
No século XX, o progreso das transfusións firmouse a través do descubrimento dos grupos sanguíneos; do factor Rh; do emprego científico dos anticoagulantes; do perfeccionamento sucesivo da aparellaxe de coleta e de aplicación de sangue, e, do coñecemento máis rigoroso das indicacións e contra indicacións do uso do sangue.
Despois da Segunda Guerra Mundial, cos progresos científicos e o crecemento da demanda por transfusións de sangue, surxiron no Brasil os primeiros Bancos de Sangue.
[editar] Complicacións
As transfusións non son unha práctica médica exenta de riscos, sendo que a decisión do uso do sangue tómase polos médicos cando consideran que os beneficios son maiores que o riscos. Entre as complicacións hai : falla humana, falta de control de cualidade e contaminación. Entre as doenzas e infeccións transmisíbeis constan : hepatite, sida, citomegalovirus e outras.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- sangue venoso
- sangue arterial
- Grupo sanguíneo
- Factor Rh
[editar] Ligazóns Externas
- Guía de Sites sobre Sangue (en portugués)