See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Glicosa - Wikipedia

Glicosa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Glicosa
β-D-Glucose
β-D-Glucose β-D-GlucoseDebuxo dos diferentes azucres
Nome químico 6-(hidroximetil)oxano-2,3,4,5-tetrol
Sinónimo da D-glicosa Dextrosa
Variedades da D-glicosa α-D-glicosa; β-D-glicosa
Abreviaturas
Fórmula química C6H12O6
Masa molecular 180.16 g mol−1
Punto de fusión α-D-glicosa: 146°C
β-D-glicosa: 150°C
Densidade 1.54 g cm−3
Número CAS 50-99-7 (D-glicosa)
Número CAS 921-60-8 (L-glicosa)

A glicosa é unha forma de azucre que se atopa nas froitas e no mel. É un monosacárido coa mesma fórmula empírica que a frutosa pero con diferente estrutura. É una hexosa (6 átomos de carbono) do tipo aldosa (presenta e grupo carbonílico de tipo aldehido), mentres que a frutosa é do tipo cetosa (presenta o grupo carbonílico de tipo cetona).

Recibe tamén o nome de dextrosa porque xira o plano de rotación da luz polarizada cara á dereita.

Todas as froitas naturais teñen unha certa cantidade de glicosa (a miúdo con frutosa), que pode ser extraída e concentrada para preparar un azucre alternativo. Pero a nivel industrial tanto a glicosa líquida (xarope de glicosa) como a dextrosa (glicosa en po) obtéñense a partir da hidrólise enzimática do amidón procedente de cereais (xeralmente trigo ou millo).

A molécula (C6H12O6) é unha aldohexosa (aldehido pentahidroxilado) de tipo monosacárido. A glicosa é o segundo composto orgánico máis abundante na natureza, despois da celulosa. É a principal fonte de enerxía das células, mediante a degradación catabólica, e constitúe o compoñente principal de polímeros estruturais, como a celulosa, e de reserva enerxética, como o amidón.

Na súa forma (D-Glicosa) sofre unha ciclación cara a súa forma hemiacetálica para lograr as súas formas furano e pirano (D-glucofuranosa y D-glucopiranosa) que á súa vez presentan anómeros Alpha e Beta. Estes anómeros non presentan diferenzas de composición estrutural, pero si difiren polas súas características físicas e químicas. A D-(+)-glicosa é un dos compostos máis importantes para os seres vivos, incluíndo os humanos.

Na súa forma ß-D-glucopiranosa, unha molécula de glicosa únese a outra grazas ós -OH dos seus carbonos 1-4 para formar Celobiosa[1-4] a través dun enlace ß, e ó unirse varias destas moléculas, forma a celulosa.


[editar] Glicemia

A glicemia indícanos a taxa de glicosa no sangue. A glicemia normal establécese entre 0,8 e 1,1 gramos/litro. Esta taxa vén regulada polo fígado e polo páncreas. A glicosa almacénase no fígado en forma de glicóxeno e, cando o índice de glicemia baixa, unha enzima encárgase de transformar o glicóxeno en glicosa e liberala no torrente sanguíneo. Pola contra, cando os niveis de glicemia son altos, unha hormona, a insulina, segregada polo páncreas axuda a que as células capten glicosa. No momento da contracción muscular, os músculos esixen glicosa e o fígado libéraa no torrente sanguíneo para que chegue ás células musculares.

[editar] Véxase tamén

  • Glícido
  • Hipoglicemia
  • Índice glicémico
v  d  e
Principais familias bioquímicas
Ácidos nucleicos | Alcaloides | Aminoácidos | Carbohidratos | Carotenoides | Cofactores enzimáticos | Esteroides | Flavonoides | Glicósidos | Lípidos | Péptidos | Policétidos | Tetrapirroles | Terpenos
Análogos de ácids nucleicos: Tipos de carbohidratos Análogos de ácids nucleicos :
Xeral: Aldosa | Cetosa | Furanosa | Piranosa
Xeometría: Pentosa | Hexosa | Heptosa | Anomería | Conformación en Ciclohexano | Mutarotación
Pequenos/Grandes: Dihidroxiacetona | Eritrosa | Eritrulosa | Gliceraldéhido | Sedoheptulosa| Treosa
Pentosas: Arabinosa | Deoxiribosa | Lixosa | Ribosa | Ribulosa | Xilosa | Xilulosa
Hexosas: Alosa | Altrosa | Frutosa | Fucosa | Glicosa | Galactosa | Gulosa | Idosa | Manosa | Psicosa | Ramnosa | Sorbosa | Tagatosa | Talosa
Disacáridos: Lactosa | Maltosa | Sacarosa | Trehalosa
Polisacáridos: Celulosa | Dextrina | Estaquiosa | Glicoxeno | Inulina | Amidón (Amilosa | Amilopectina) | Quitina
Glicosaminoglicanos: Sulfatode condroitín | Sulfato de dermatán | Heparina | Sulfato de heparàn | Hialurona | Sulfato de Keratán
Aminoglicósidos: Amikacina | Apramicina | Estreptomicina | Xentamicina | Kanamicina | Neomicina | Netilmicina | Paromomicina | Tobramicina


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -