Páncreas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O páncreas é un órgano do sistema dixestivo de segregación mixta endocrina e exocrina.
O páncreas produce enzimas que axudan á dixestión de alimentos. Por todo o páncreas atópanse lugares denominados illotes de Langerhans. Cada unha das células nestes sitios ten un fin determinado: as células alfa producen glucagón, que eleva o nivel de glicosa no sangue; as células beta producen insulina; as células delta producen somatostatina; e tamén hai células PP e Dl, das que pouco se sabe.