Reflexión (física)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En física o fenómeno da reflexión consiste na mudanza da dirección de propagación da enerxía . Consiste no retorno da enerxía incidente en dirección á rexión de onde ela é oriunda, despois de entrar en contacto cunha superficie refletora.
A enerxía pode tanto estar manifestada na forma de ondas como transmitida a través de partículas. Por iso, a reflexión é un fenómeno que pode se dar por un caráter electromagnético, óptico ou sonoro.
A reflexión difire da refración porque nesta segunda, hai desvío da enerxía para medio diverso do medio de onde se orixinou.
[editar] Leis da reflexión
A reflexión pode explicarse totalmente con base en apenas dúas leis, de cuño xeral.
Para enuncialas, é preciso antes definir algúns conceptos.
- A normal é a semi-recta que se orixina a partir da superficie refletora, situándose perpendicularmente a esta
- Ángulo de incidencia é o ángulo que a dirección de movemento da enerxía fai coa normal
- Ángulo de reflexión é o ángulo que a dirección que a enerxía que é refletida fai coa normal
Así, as dúas leis da reflexión poden ser expresas da seguinte maneira:
- A dirección da enerxía incidente, a normal e a dirección da enerxía emerxente pertencen a un único plano.
- O ángulo de incidencia ten valor igual ao valor do. ángulo de reflexión.
[editar] Explicación teórica
Sendo un fenómeno que atopa exemplos en física ondulatoria como na física de corpos materiais, é natural desconfiarse que ten unha explicación común aos dous tipos de comportamento.
Historicamente, o primeiro a formular unha explicazao para a reflexión (especificamente, a da luz) foi Heron de Alexandria. Utilizándose do principio aristotélico que di que a natureza nada fai de modo máis difícil, argumentou que a luz percorre o menor camiño entre dous puntos calquera. Ora, se a luz obrígase a se desviar durante o percurso, aínda así percorre o menor camiño entre a fonte e o branco. A ese principio de ótica xeométrica damos o nome de principio de Heron.
Moito máis tarde Fermat enunciou principio semellante. Porén asinalaba que o tempo era mínimo e non a distancia percorrida. Ese principio coñécese como principio de Fermat.
Ainda máis tarde, Maupertuis formulou pola primeira vez o principio da menor acción, onde entón surxe a noción de acción. Entretanto, dentro do punto de vista do cálculo das variacións, mellor sería chamar ese principio de principio da acción estacionaria, xa que na verdade a condición é de se achar un extremante para a funcional acción.
Máis tarde, sir Hamilton enunciou a forma moderna do principio variacional.
[editar] Utilización
A reflexión luminosa é a base da construción e utilización dos espellos.
Os espellos, tanto planos canto os esféricos, ten larguísima utlización, e son a base dos telescopios refletores, que sufren de menos restricións que os telescopios refratores.