Son
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O son é a sensación producida no órgano do oído pola mudanza de presión atmosférica xerada polo movemento vibratorio dos corpos, transmitido por un medio elástico. Está producido por ondas de compresión do medio (lonxitudinais). A función do medio transmisor é fundamental, pois o son, como vibración mecánica, non se propaga no vacío (onde non hai materia que se poda mover). O ar é para nós o medio transmisor natural do son. A velocidade de propagación do son no ar é de aproximadamente 340 m.s-1 a 15ºC de temperatura.
O Son defínese como compresión mecánica ou ondas lonxitudinais que se propagan nun medio (sólido, líquido ou gasoso). A grande maioría dos sons son combinacións de sinais, pero un son teoricamente puro pode ser descrito a través dunha determinada velocidade de oscilación (ou frecuencia) medida en Hertz (Hz, tamén chamados hercios) e amplitude (ou a súa relacionada enerxía) a través de medidas como o nivel de decibeis. O rango do son audible ao ouvido humano está aproximadamente entre 20 Hz e 20 kHz a amplitudes típicas con variacións longas en curvas de resposta. Enrriba e abaixo deste rango están os ultrasóns e os infrasóns, respectivamente.
O ser humano e moitos animais apercebense do son (ou percepcionan o son) a través do sentido da audición polos oídos, pero os sons de baixa frequencia tamén poden ser sentidos por outras partes do corpo. Os sons son utilizados de diversos modos, nomeadamente para comunicación a través da fala ou, por exemplo, música. A percepción do son tamén pode ser usada para adquirir información acerca do ambiente circundante en relación a propriedades como características espaciais e presenza de outros animais ou obxectos. Por exemplo, os morcegos usan un tipo de localización por eco en canto voan. Os navíos e os submarinos usan o sonar. Os seres humanos adquiren e usan a información espacial percepcionada nos sons.
A "cantidade" percepcionada de son (enerxía de onda de presión) defínese como intensidade sonora ou altura e mídese en sons. O ouvido humano é moi sensible ao son que se atopa no medio da escala de frecuencias audibles. A amplitude dunha onda sonora mídese en pascal e a intensidade dun son mídese en decibeis en relación á escala citada. A intensidade sonora mínima audible ó longo de todas as frecuencias audibles defínese como Limiar Absoluto de Audición (ATH).
Os estudios científicos do son atópanse xeralmente encadrados no campo da acústica. A percepción dos sons, i.e. audición, estúdiase na psicoacústica, que tamén implica unha relación estreita entre a percepción e a psicoloxía. O modelo psicoacústico procura sistematizar os sons que poden ser ouvidos (deixando fora os que son inaudibles). Ademais, a clase de técnicas e métodos que envolven o procesamento do son chámanse xeralmente métodos de procesamento do audio-sinal .
O rango auditivo varía entre diferentes animais: Os morcegos teñen un rango moito máis amplo que o normal, mentres as ras o teñen máis curto. A continuación lístanse frequencias típicas (en hercios):
- Morcego: 100 - 100 000 Hz
- Can: 10 - 35 000 Hz
- Elefante: 1 - 20 000 Hz
- Ra: 100 - 2 500 Hz
- Home: 20 - 20 000 Hz
Índice |
[editar] Características do son
O son conta con catro parámetros fundamentais: a altura, a duración, a intensidade e mailo timbre.
- A altura é o resultado da frecuencia que produce un corpo sonoro, é dicir, da cantidade de ciclos das vibracións por unidade de tempo (no S.I. mídese en hertzs, cuxo símbolo é Hz) que se emiten. De acordo con isto pódense definir os sons como graves e agudos. Canto maior sexa a frecuencia, máis agudo será o son, é dicir, maior será a súa altura. Canto menor sexa a súa frecuencia, o son será máis grave, ou o que é o mesmo, máis baixo. A lonxitude de onda é a distancia medida na dirección de propagación da onda, entre dous puntos cuxo estado de movemento é idéntico, é dicir, acadan os seus máximos e mínimos no mesmo instante.
- A duracón corresponde ao tempo que duran as vibracións que producen un son. A duración do son está relacionada co ritmo. A duración ven representada na onda polos segundos que esta conteña.
- A intensidade é a forza coa que se produce un son. Ven representada nunha onda sonora pola súa amplitude.
- O timbre é a calidade que permite distinguir os diferentes instrumentos e voces a pesar de que estén producindo sons da mesma altura e intensidade. Así, existe unha diferencia entre o timbre dun óboe e o dun clarinete, aínda que estean interpretando unha nota da mesma altura. Os sons que escoitamos son complexos, é dicir, son o resultado dun conxunto de sons simultáneos (tonos, sobretonos e harmónicos) pero que nós percibimos como un só (son fundamental). O timbre depende da cantidade de harmónicos que teña un son e da intensidade de cada un deles, o cal denomínase espectro. O timbre represéntase nunha onda polo debuxo. Un son puro, coa frecuencia fundamental ou cada sobretono, represéntase cunha onda senoidal, mentres que un son complexo é unha suma de ondas senoidais puras. O espectro é unha sucesión de barras verticais repartidas ao longo dun eixo de frecuencia e que representan a cada unha das senoides correspondentes a cada sobretono e a súa altura indica a cantidade que aporta cada unha ao son resultante.
[editar] Fonética
En fonética, son é o mesmo que realización, é dicir, o que realmente é capaz o ser humano de producir sonoramente na comunicación lingüística.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Nivel de intensidade sonora
- Nivel de presión sonora
- Nivel de potencia sonora
- Impedancia acústica
- Ondas sonoras
- Velocidade do son
- Música
- Reprodución do son
- Demostración das propriedades das ondas nun Osciloscopio
- Radiación sonora
- Micrófono
- Altofalante