See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Decibel - Wikipedia

Decibel

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Chámase decibelio ou decibel (dB) á unidade empregada en Acústica e Telecomunicación para expresar a relación, en escala logarítmica, entre dúas potencias, acústicas ou eléctricas.

O decibelio, símbolo dB, é unha unidade logarítmica, décima parte do belio, que sería a unidade, aínda que non se usa por ser excesivamente grande na práctica. Unha medida de +10dB implica una intensidade sonora 10 veces maior.

Asignóuselle o nome belio na honra de Alexander Graham Bell, tradicionalmente considerado como inventor do teléfono.

Índice

[editar] Aplicacións en Acústica

O decibelio é a principal unidade de medida usada para o nivel de potencia ou nivel de intensidade do son. Nesta aplicación, a escala úsase ata os 140 dB, onde se chega ó umbral de dor.

Úsase unha escala logarítmica porque a sensibilidade que presenta o ouvido humano ás variacións de intensidade sonora segue unha escala aproximadamente logarítmica, non lineal. Por iso o belio e mailo seu submúltiplo o decibelio, son axeitados para valorar a percepción dos sons por un ouvinte. Defínese como a comparación (relación) entre dous sons porque nos estudos sobre acústica fisiolóxica viuse que un ouvinte ó que se lle fai escoitar un só son non pode dar unha indicación fiable da súa intensidade, mentres que, se se lle fai escoitar dous sons diferentes, é capaz de distinguir a diferencia de intensidade.

Unha diferencia de 3 decibelios representa o dobre de sinal, e resulta ser aproximadamente a mínima diferencia apreciable por un ouvido humano san.

Unha diferencia de 10 decibelios aparenta fisioloxicamente un sinal dobre, mais a diferencia de sonoridade é de dez veces.

Para o cálculo da sensación recibida por un ouvinte, a partir das unidades físicas, medibles, dunha fonte sonora, defínese nivel de potencia, LW, (en decibelios) , relacionando a potencia da fonte de son a estudar coa potencia doutra fonte con son no umbral de audición, pola fórmula seguinte:

 {L_W}= 10\times log \frac{W_1}{W_0} (dB)

onde W1 é a potencia a estudar, e W0 é a potencia umbral de audición, que expresada en unidades do SI, equivale a 10^{-12} \,\! vatios.

As ondas de son producen un aumento de presión no ar, co que outro xeito de medir fisicamente o son é en unidades de presión (pascales). Pode definirse o Nivel de presión, LP, que tamén se mede en decibelios.

 {L_P}= 20\times log \frac{P_1}{P_0} (dB)

onde P1 é a presión de son a estudar, e P0 é a presión umbral de audición, que expresada en unidades do SI, equivale a 2\times 10^{-5} Pa.

[editar] Decibelio Ponderado

O oído humano non percibe igual as distintas frecuencias e acada o máximo de percepción nas medias, de aí que para aproximar máis a unidade á realidade auditiva, pondéranse as unidades.

[editar] Aplicacións en Telecomunicación

O decibelio é talvez a unidade máis utilizada no campo das Telecomunicaciones pola simplificación que a súa natureza logarítmica posibilita á hora de efectuar cálculos con rangos de valores de potencia do sinal moi amplos.

Como relación de potencias que é, a cifra en decibelios non indica nunca o valor absoluto das dúas potencias comparadas, senón a relación entre elas.
Isto permete, por exemplo, expresar en decibelios a gañancia dun amplificador ou a perda dun atenuador sen necesidade de se referir á potencia de entrada que, en cada momento, se lles esteña aplicando.

A perda o gañancia dun dispositivo, expresada en decibelios vén dada pola fórmula:

 {dB}= 10\times log \frac{P_E}{P_S}

onde PE é a potencia do sinal na entrada do dispositivo, e PS a potencia á saída do mesmo.
Se hai gañancia de sinal (amplificación) a cifra en decibelios será positiva, mentres que se hai perda (atenuación) será negativa.

En Telecomunicación moitas veces utilízase como nivel de referencia o milivatio, obténdose os resultados en dB referidos a 1 mW, isto é, en dBm.

Para sumar ruídos, ou sinais en xeral, é moi importante lembrarse que ao usar unha escala logarítmica non é correcto sumar directamente valores das fontes de ruído expresados en decibelios. Así, dúas fontes de ruído de 21dB non dan 42dB senón 24dB.

Neste caso emprégase a formula:

10\cdot \log_{10}(10^{\frac{X_1}{10}}+10^{\frac{X_2}{10}}+ ... )  =dB totais

Onde Xn son os valores de ruído ou sinal, expresados en decibelios, a sumar.

10 \cdot \log_{10} \left( antilog\left( \frac{X_1}{10} \right )+ antilog \left( \frac{X_2}{10} \right )+ ... \right)  = dB totais

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -