See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Frida Kahlo - Wikipedia

Frida Kahlo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Frida Kahlo e Diego Rivera en 1932
Frida Kahlo e Diego Rivera en 1932

Margarita Carmen Frida Kahlo y Calderón, (Coyoacán, 6 de xullo de 190713 de xullo 1954) foi unha pintora mexicana esposa do muralista Diego Rivera.

Índice

[editar] Biografía

Naceu en Coyoacán, ao sur da Cidade de México. O seu pai, Guillermo Kahlo (Carl Wilhelm Kahlo), era un fotógrafo xudeu-alemán e a súa nai, Matilde Calderón González, unha indíxena, segunda esposa do pai. Frida sempre dixo que nacera no 1910, ano do comezo da Revolución Mexicana, pero o certo é que nese ano contraxo a poliomelite, que deixa unha lesión no seu pé dereito, quedando lixeiramente mais curto que o esquerdo. Esta enfermidade sería a primeira dunha larga serie de sufrimentos físicos que sempre son respresentados nas súa obra, de marcado carácter intimista.

Realiza os estudios primarios no Colexio Alemán de México en no 1922 ingresa na Escola Nacional Preparatoria para estudar madiciña. Foi alí onde viu por primeira vez ao pintor Diego Rivera que está traballando no mural A Creación no auditorio da escola. Ademais comeza a recibir clases de gravura de Fernando Fernández.

No 17 de setembro de 1925 un tranvía choca co autobús no que ela viaxaba. A columna vertebral varias costelas e a pelvis quedaron fracturadas, o seu pé dereito dislocouse, o hombro desencaixouse e un ferro atravesuna dende o estómago ata a pelvis, e o seu útero quedaría danado para sempre. Este aparatoso accidente provocou unha peregrinación por diversos hospitais ademais de imposibilitar o seu movemente durante un ano, no que permaneceu escaiolada. A partir de este accidente e debido a non poder moverse practicamente, comeza a pintar activamente, o que posibilita unha certa evasión ao seu sufrimento. No 1928 asóciase ao Partido Comunista, e alí encóntrase de novo con Diego Rivera e xorde o amor entre eles. Casan no 1929 e instálanse na Cidade de México e despois en Cuernavaca.

A Casa Azul, Museo Frida Kahlo
A Casa Azul, Museo Frida Kahlo

Desde pequena xa sobresaíu cunha forte personalidade, marcado sentido da independencia e ideas que exaltaban a súa procedencia indíxena, ideas que compartía co seu marido Diego Rivera e o círculo artístico no que eles se movían. Kahlo sempre viviu á sombra do seu marido, que no seu tempo era considerado un dos mellores e máis importantes pintores mexicanos, aínda que ela fixo varias exposicións non foi internacionalmente recoñecida ata anos depois da súa morte. Diego Rivera foi solicitado varias veces en Estados Unidos e Frida acompañábao nas súas viaxes. Sempre estiveron relacionados con intelectuais dos seu tempo de todas as partes do mundo. Sen embargo o seu matrimonio era de todo menos idílico. Os dous tinñan unha forte personalidade, sempre estivo marcado por episodios de ciumes. Ambos tiveron amantes, e aínda que tiñan unha relación liberal, o sufrimento de Frida foi enorme cando Diego Rivera iniciou unha relación coa súa irmá Cristina, o que causou o divorcio da parella. Neste periodo relaciónase a Frida con nomes como o escultor americano Isamu Noguchi, o fotógrafo Nickolas Muray ou Lev Trotski.

André Breton organiza unha exposición de Frida en París no 1939. Frida viaxa a Europa e coñece aos pintores surrealistas. No 1940 Frida e Diego voltan a casarse e no 1942 comeza a ensinar na Escola de Arte La Esmeralda. Pero o empeoramento da súa saúde fai que as clases teñan que desenvolverse na súa casa. No 1946 recibe o Premio Nacional de Pintura. A súa saúde empeora nos sucesivos anos, tendo que ser intervida unha 8 veces da columna, e perde a súa perna dereita, o que causa nela una forte depresión. Os seus últimos anos non deberon de ser moi felices. Frida pensaba continuamente no suicidio e abusaba do alcohol e os analxésicos.

Morreu finalmente de pneumonía no 1954 aos 47 anos. A Casa Azul de Coyoacán onde reposan as súas cinzas foi convertida en museo.

[editar] Obra

A obra de Frida Khalo está profundamente influída pola súa experiencia vital. O sufrimento das enfermidades, o accidente e as operacións e os diferentes abortos que sufriu cusados polos danos do accidente. Así todo está reflectido nos seus numerosos autorretratos, tema recurrente no seu traballo. A representación da súa propia dor é unha forma de fuxir e liberarse deses sentimentos. Moitos foron os que quixeron adscribila ao surrealismo, pero ela sempre negou isto alegando que non representaba ningún soño, nin o subconsciente, senón que representaba a súa propia realidade e sufrimento.

A súa pintura contén o legado e inocencia das artes indíxenas, con certo toque naïf, e influenciada pola riqueza do seu simbolismo e a exuberancia das flores, froitos e animais do país. A sensibilidade extrema da súa natureza repítese ao longo da súa obra, mentres que resignada pintaba as situacións de mais dor, tamén con resistencia expresa o seu valor en obras como Arbore da esperaza manténte firme.

“Desde nena, como se di comunmente, eu botara o ollo á caixa de cores. Non sabería explicar por qué. Ao estar tanto tempo na cama, enferma, aprobeitei a ocasión e pedínlla ao meu pai. Como un neno, a quen se lle quita un xoguete para darllo a un irmán enfermo, prestouma. Miña nai mandou facer un cabalete...se así pode chamárselle a un aparato especial que podía acoplarse á cama donde eu estaba, porque o corsé de xeso non me deixaba estar sentada. Así comencei a pintar o meu primeiro cadro.”

Escrito de Frida Kahlo :

  • Frida Kahlo: El diario de Frida Kahlo. Un íntimo autorretrato.

Introducción de Carlos Fuentes, Editorial Debate, 2002. ISBN 8474449189

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Barragán, Elisa.: Diego Rivera y los Escritores Mexicanos, Antología Tributaria, Universidad Nacional Autónoma de México, 1986.
  • Del Conde, Teresa: Frida Kahlo. La pintora y el mito, UNAM, Instituto de Investigaciones Estéticas, México, 1992.
  • Herrera, Hayden: Frida. Una biografía de Frida Kahlo, México, Editorial Diana, 1996.
  • Jamis, Rauda: Frida Kahlo. Autorretrato de una mujer, México, Editorial Diana, Edivisión, 1987

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -