See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
André Breton - Wikipedia

André Breton

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

André Breton
André Breton

André Breton (Tinchebray, Francia; 19 de febreiro de 1896 - París, 28 de setembro de 1966), foi un escritor francés, coñecido como o principal impulsor do movemento surrealista.

Índice

[editar] Biografía

De orixe modesta, comezou a estudiar medicina por presións familiares. Movilizado en Nantes, durante a Primeira Guerra Mundial, en 1916, coñeceu a Jacques Vaché, que exerceu sobre el unha grande influencia, a pesar de escribir unicamente cartas de guerra. Entra en contacto co mundo da arte a través do grupo dadaísta en 1916. Durante a guerra traballou en hospitais psiquiátricos, onde estudou as obras de Sigmund Freud e os seus experimentos coa escritura automática (escritura libre de todo control da razón e de preocupacións estéticas ou morais), o que influíu na súa formulación da teoría surrealista. Convertiuse en pioneiro dos movementos antirracionalistas coñecidos como dadaísmo e surrealismo. En 1919 Breton funda con Louis Aragon e Philippe Soupault a revista Littérature. En 1920 publicou a súa primeira obra Os campos magnéticos, na que exploraba as posibilidades da escritura automática. Ó ano seguinte rompeu a relación con Tristan Tzara, o fundador do dadaísmo, ao que acusaba de conservadurismo.

En 1924 escribiu o Manifesto surrealista e ó seu redor formouse un grupo composto por Philippe Soupault, Louis Aragon, Paul Éluard, René Crevel, Michel Leiris, Robert Desnos ou Benjamin Péret, desexosos de chegar ó «Cambiar a vida» de Rimbaud e «Transformar o mundo» de Marx. «O surrealismo baséase na crenza na realidade superior de certas formas de asociación desdeñadas ata a aparición do mesmo e no libre exercicio do pensamento. Tende a destruir definitivamente tódolos restantes mecanismos psíquicos e a sustituílos na resolución dos principais problemas da vida». Neste manifiesto ademais aséntanse as bases do automatismo psíquico como medio de expresión artística que xorde sen a intervención do intelecto. Moi pronto o movemento acércase á política e en 1927 Aragon, Éluard e Breton afílianse ó Partido Comunista Francés, aínda que a idea surrealista alonxarase moi pronto do comunismo oficial. En 1928 publica en París Le surréalisme et la peinture. Coa publicación do Segundo manifesto surrealista (1929) chegou a polémica: Breton, líder, ou máis ben "papa negro" do movemento surrealista, concretaba a noción de surrealismo e afirmaba que debía camiñar xunto á revolución marxista, e polo tanto, excomulgou, condeou e expulsou do grupo a todos aqueles que non coincidían coas súas ideas; entre os expulsados encontrábanse Roger Vitrac, Philippe Soupault, Antonin Artaud, Salvador Dalí ou Robert Desnos. El mesmo sería espulsado do Partido en 1933.

Escribe o libro de poesías A Inmaculada Concepción (1930) e Os vasos comunicantes, este xunto ó tamén escritor Paul Éluard (1932).

A vangarda española citouno en revistas como Alfar, Grecia, Hélix, Terramar, Art etc. e en 1922, con motivo da exposición de Francis Picabia nas Galerías Dalmau, estivo en Barcelona. En 1935 visitou Tenerife para asistir á Exposición Surrealista organizada pola revista Gaceta de Arte, dirixida por Eduardo Westerdahl, o que supuxo un fito na historia da creación cultural en Canarias. Sobre esta experiencia escribiu A viaxe a Tenerife (1935), ensaio, e o poema Le château étoilé.

En 1934 contraeu matrimonio con Jacqueline Lamba, inspiradora de O amor tolo. Dous anos despois nace a súa filla Aube. A súa obra máis creativa é Nadja, en parte autobiográfica. En 1937 inaugura a galería "Gradiva" na rúa de Seine, viaxa a México, onde coñece a Trotski, e influído polo trotskismo, redacta unha nova toma de posición, co título de Manifesto por unha arte revolucionaria independente.

En 1941 embarca no Capitaine-Paul-Lemerle hacia Martinica, onde é internado nun campo. Liberado baixo fianza chega a Nova Iorque para un exilio que durará cinco anos, e publica os Prolegómenos a un terceiro manifesto ou non, coñecido tamén como Terceiro manifesto surrealista. Escribe La lanterne sourde (A linterna xorda). Un ano despois funda na cidade estadounidense a revista VVV. É alí onde coñecerá á súa nova esposa, Elisa. Volveu a París en 1946. En 1956 funda unha nova publicación, Le Surrealisme Même, seguindo ata morrer en 1966 animando ó grupo surrealista. Pouco antes de falecer, decíalle a Luis Buñuel, hoxe ninguén se escandaliza, a sociedade atopou maneiras de anular o potencial provocador dunha obra de arte, adoptando ante ela unha actitude de pracer consumista. Morreu na mañá do 28 de setembro de 1966, no hospital Lariboisière (París). Foi enterrado no camposanto de Batignolles, a poucos metros da tumba do seu amigo Benjamín Péret. A súa poesía, recompilada en Poemas (1948), reflexa a influencia dos poetas Paul Valéry e Arthur Rimbaud.

[editar] Obra

[editar] Ensaios

  • Le manifeste du surréalisme (1924, 1930, 1946, 1962)
  • Le Surréalisme et la Peinture (1928, 1965)
  • Le second Manifeste du Surréalisme (1929, 1962)
  • Anthologie de l’humour noir (1940)
  • Prolégomènes à un troisième manifeste ou non (1942, 1962)
  • Flagrant délit (1949)
  • Du surréalisme en ses œuvres vives (1954)

[editar] Poesía

  • Mont de piété (1919)
  • Les champs magnétiques (1919) (con Philippe Soupault)
  • Clair de terre (1923)
  • Les Pas-perdus (1924)
  • Nadja (1928, 1963)
  • Les Vases communicants (1932)
  • Point du jour (1934)
  • L’Amour fou (1937)
  • Arcane 17 (1944)
  • Poèmes (1948)
  • La Clé des champs (1953)

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -