Trotskismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O trotskismo ou IV Internacional, é unha escisión da III Internacional. O movemento segue as ideas de Lev Trotski, excluído do Partido Comunista da Unión Soviética en 1927 e expulsado da URSS en 1928.
O troskismo critica a deriva ditatorial e totalitaria da Unión Soviética, e defende unha certa democracia no seo do partido. O trotkismo ve como responsable das guerras, da explotación e da miseria a dominación burguesa e capitalista do mundo, e favorecen unha revolución socialista mundial.