Isamu Noguchi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Isamu Noguchi (Os Ánxeles, California, 17 de novembro de 1904 - Nova York, 30 de decembro de 1988) foi un artista americano-xaponés do século XX creador de imaxes de duradeira elegancia en moi diversos medios. Coñecido sobre todo como escultor e como arquitecto paisaxístico, Noguchi foi ademais deseñador de escenarios, lámpadas e pezas de mobiliario de produción industrial, algunhas das cales son aínda hoxe manufacturadas e vendidas.
Índice |
[editar] Biografía
Fillo dunha escritora americana, Leonie Gilmour, e dun poeta xaponés, Yone Noguchi, Isamu Noguchi naceu nos Ánxeles o 17 de novembro de 1904.
Aínda que a parella nunca casou, Yone Noguchi invitou en 1906 a Leonie a Toquio para coñecer o seu fillo e ó ano seguinte nai e fillo mudaríanse ó Xapón onde pasaría o resto da súa infancia, residindo en Chigasaki e Yokohama.
En 1918 foi enviado ós Estados Unidos a estudar, graduándose en La Porte High School, Indiana en 1922.
En 1924 Noguchi deixa a Universidade de Columbia, para perseguir a que sería a súa gran paixón para o resto da súa vida, a escultura.
Tras viaxar por Europa, India, China e varios outros paíse, comezará a gañar prominencia e exito profesional como escultor e finalmente como deseñador de obras a grande escal en moitas das maiores cidades do mundo.
[editar] Obras
Entre as súas obras máis destacadas inclúense as seguintes.
- Unha ponte no Parque da Paz de Hiroxima: Peace Park
- Unha escultura para o First National City Bank Building en Fort Worth, Texas
- Un xardín para a Beinecke Rare Book and Manuscript Library na Universidade de Yale en New Haven, Connecticut
- Billy Rose Sculpture Garden, Israel Museum, Jerusalem
- Un xardín para o Chase Manhattan Bank Plaza na cidade de New York, Nova York
- A Fonte Dodge e a praza Philip A. Hart en Detroit, Michigan (creada en colaboración con Shoji Sadao)
- Un xardín e unha habitación "Shin Banraisha" deseñados na Universidade de Keio en Toquio, un fito na historia da arte e da arquitectura do século XX hoxe desmantelada.
A súa obra escultórica encóntrase esparexida por todo o mundo e no Isamu Noguchi Garden Museum en Long Island, Nova York.
O seu último proxecto foi o deseño de 400 acres (1.6 km²) de parque en Sapporo, Xapón. Deseñado en 1988, un pouco antes da súa morte, o parque Moerenuma foi rematado e aberto ó público no 2004.
[editar] Bibliografía =
- Altshuler, Bruce (1995). Isamu Noguchi (Modern Masters). Abbeville Press, Inc. ISBN 1558597557.
- Ashton, Dore; Hare, Denise Brown (1993). Noguchi East and West. University of California Press. ISBN 0520083407.
- Noguchi, Isamu et al (1986). Space of Akari and Stone. Chronicle Books. ISBN 0877014051.
- Torres, Ana Maria; Williams, Tod (2000). Isamu Noguchi: A Study of Space. The Monticelli Press. ISBN 1580930549.