See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Os Ánxeles - Los Angeles - Wikipedia

Os Ánxeles - Los Angeles

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Los Angeles
Bandeira Escudo
Mapa
Información
País Estados Unidos
Estado California
Data de fundación 1781
Superficie 1.290,6 km2
Poboación 3.844.829 (2005)
Densidade 3.165 h/km²
Alcalde Antonio Villaraigosa
www.ci.la.ca.us/

Los Angeles, Os Ánxeles en galego (a miúdo abreviado como L.A.), é a cidade maior do estado de California en canto á poboación, e a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos de América. É unha cidade global con arredor de 3.8 millóns de habitantes e 469.1 millas cadradas (1214.9 quilómetros cadrados). A área metropolitana de Os Ánxeles - Long Beach - Santa Ana é, asimesmo, fogar de aproximadamente 13 millóns de persoas. A área máis grande de Os Ánxeles acolle a unha zona moito máis grande, que consta de cinco condados e unha poboación aproximada de 18 millóns de persoas.

Os Ánxeles foi fundada en 1781 polo español Felipe de Neve. Foi parte de España e despois de México, cando México gañou a independencia de España en 1821, e ata 1848, cando México cedeu California aos Estados Unidos mediante un tratado ao rematar a guerra entre ámbolos dous. Non foi incorporada como cidade ata o 4 de abril de 1850, cinco meses antes de que California conseguira a condición de Estado. É a capital do condado de Os Ánxeles, e o seu nome foi acurtado de "La Ciudad de Nuestra Señora la Reina de Los Angeles de Porciúncula".

Os Ánxeles é un dos centros do mundo en canto a cultura, ciencia, tecnoloxía, comercio internacional e educación avanzada refírese, e é a sede mundial de institucións célebres nun amplio campo profesional e cultural. A cidade e os seus arredores inmediatos lideran o mundo en producións de entretemento, tales como a industria cinematográfica, industria televisiva e industria discográfica, que son a base da fama internacional de Os Ánxeles e do seu estatus global.

O nome da cidade é pronunciado /lɒs ˈændʒəˌlɪs/ polos seus residentes anglofalantes, e /los aŋheles/ polos seus hispanofalantes. Aos habitantes de Os Ánxeles chámaselle ás veces "Angelenos" en inglés.


Índice

[editar] Historia

A área da costa de Os Ánxeles estivo habitada polos Tongva (ou Gabrieleños), Chumash, e por razas de nativos americanos durante miles de anos. Os primeiros europeos que chegaron fixérono en 1542, dirixidos por João Cabrilho, un explorador portugués que proclamou a área Cidade de Deus para o Imperio Español, pero non se quedou. O seguinte contacto foi 227 anos máis tarde cando Gaspar de Portolà, conxuntamente co Franciscano pai Juan Crespi, chegaron ao lugar actual de Os Ánxeles o 2 de agosto de 1769.

No 1771, o Pai Junípero Serra construíu a Misión San Gabriel Arcángel preto de Whittier Narrows no que agora é chamado o Val de San Gabriel (San Gabriel Valley). O 4 de setembro de 1781, un grupo de 52 colonos procedentes do Vicereinado de Nova España, nos que predominaban os descendentes africanos, saíron da misión de San Gabriel para establecer unha colonia ao longo das ribeiras do río Porciúncula (agora o río de Os Ánxeles). Os debanceiros destes colonos eran Indios, Filipinos e españois, dos cales dous terzos eran mestizos ou mulatos.

En 1777, o novo gobernador de California, Felipe de Neve, recomendou ao vicereinato de Nova España que o lugar fora convertido nun "pueblo" (vila). No 1781 fundouse a cidade e chamouse "El Pueblo de Nuestra Señora la Reina de los Ángeles del Río de Porciúncula," ("A vila da Nosa Señora a raíña de Os Ánxeles do Río de Porciúncula"). A Igrexa de Nuestra Señora Reina de los Angeles foi o corazón da colonia.

Quedou coma unha vila de ranchos durante décadas, pero arredor de 1820 a poboación crecera ata preto de 650 residentes, convertíndose así na comunidade civilizada (non misión) máis grande da California española. Hoxe en día a denominación do "Pueblo" consérvase nun monumento histórico chamado familiarmente Olvera Street, antigamente Wine Street, chamado dese modo por Agustín Olvera.

Nova España conseguiu a independencia do Imperio Español no 1821, e o "pueblo" seguiu como parte de México. O goberno mexicano rematou durante a guerra Mexicano-Estadounidense, cando os estadounidenses tomaron control dos californianos tras unha serie de batallas defensivas que incluíron o Asedio de Os Ánxeles, a batalla de San Pascual, a Batalla de Dominguez Rancho, e finalmente, a batalla do Río San Gabriel e a Batalla de La Mesa en 1847. O Tratado de Cahuenga, asinado o 13 de xaneiro de 1847, puxo fin á guerra de California. Máis tarde, co Tratado de Guadalupe Hidalgo no 1848, o goberno mexicano cedeulle formalmente Alta California e outros territorios aos Estados Unidos. europeos e Americanos asentaron o control sobre a cidade despois de ter inmigrado a California durante a Gold Rush (Febre do ouro) e aseguraron a posterior admisión de California nos Estados Unidos en 1850.

O ferrocarril chegou cando o Pacífico Sur completou a súa liña cara a Os Ánxeles en 1876. O petróleo descubriuse no 1892, e arredor de 1923 Os Ánxeles estaba producindo un cuarto do petróleo do mundo. O que foi aínda máis importante para o crecemento da cidade foi a auga: en 1913, conducido por William Mulholland, a finalización do acueducto asegurou o crecemento da cidade. No 1915, a Cidade de Os Ánxeles comezou a anexión de docenas de comunidades de veciños que tiñan provisións de auga de seu. O filme de 1974 Chinatown presenta un relato ficticio da Guerra da auga de Owens Valley.

Nos anos 20 as industrias cinematográfica e de aviación acudiron en grande número a Os Ánxeles e axudaron co seu maior desenvolvemento. A cidade foi a orgullosa anfitriona dos xogos Olímpicos do verán de 1932 que viron o desenvolvemento das Baldwin Hills coma a vila Olímpica Orixinal. Este período tamén viu a chegada dos exiliados da tensión prebélica que se incrementaba en Europa, incluíndo a notables coma Thomas Mann, Fritz Lang, Bertolt Brecht, Arnold Schoenberg, e Lion Feuchtwanger. A II Guerra Mundial levou novo crecemento e prosperidade á cidade, aínda que moitos dos seus residentes xaponés-americanos foron levados a campos de internamento durante o que durou a guerra. Os anos de posquerra viron aínda unha maior prosperidade e unha expansión descontrolada que expandiron a cidade ata o Val de San Fernando.

Os Disturbios de Watts de 1965 e os "reventóns" de Chicano High School xunto coa Moratoria de Chicano de 1970 mostrou á nación as profundas divisións raciais que existían na cidade. En 1969, Os Ánxeles foi un dos dous lugares de nacemento da Internet, xa que a primeira transmisión ARPANET enviouse desde UCLA a SRI en Menlo Park. Os Ánxeles foi unha das primeiras cidades en aceptar un proxecto de lei sobre os dereitos dos homosexuais nos anos 70 e a primeira na que nos anos 80 se descubriu a SIDA.

Os Xogos Olímpicos de 1984 celebráronse en Os Ánxeles. Entre mediados e finais dos anos oitenta Os Ánxeles foi a capital da escena da música heavy metal. A cidade foi de novo probada polos disturbios de Os Ánxeles de 1992, o terremoto de Northridge de 1994, e no 2002, o intento de secesión por parte das seccións do Val de San Fernando e Hollywood da cidade, as cales foron rexeitadas nas votacións. A modernización urbana e o aburguesamento estiveron tendo lugar en varias zonas da cidade, pero máis notablemente no Downtown ou centro.


[editar] Xeografía

[editar] Topografía

Santa Monica, Westwood, e Marina del Rey, e San Fernando Valley detrás das montañas
Santa Monica, Westwood, e Marina del Rey, e San Fernando Valley detrás das montañas

Dacordo coa oficina do censo dos Estados Unidos, a cidade ten un área total de 498.3 millas cadradas (1290,6 km²), das cales 469.1 millas cadradas (1,214.9 km²) son terra e 29.2 millas cadradas (75.7 km²) son auga.

A cidade exténdese 44 millas (71 km) de Norte a Sur o punto máis longo e de xeito similar en dirección Este-Oeste 29 millas (47 km). O perímetro da cidade é de 342 millas (550 km). A área terrestre é a novena máis grande das cidades da zona continental dos Estados Unidos.

O punto máis elevado de Os Ánxeles é Sister Elsie Peak a 5800 pés (1548 m), que se atopa nos límites do Nordeste do Val de San Fernando (San Fernando Valley), parte de Mt. Lukens. O río de Os Ánxeles é en grande parte un río estacionario que flúe a través da cidade, coa súa cabeceira no Val de San Fernando. A súa lonxitude é case enteiramente lineal e concreta.

A área de Os Ánxeles é remarcablemente rica en especies de plantas autóctonas. Coas súas praias, dunas, pantanos, colinas, montes e ríos, a área contén un número importante de hábitats. O máis frecuente éo matorral de salvia costeiro, que cubre as ladeiras. As especies autóctonas inclúen: a amapola Californiana, a amapola matilija, o toyon, o carballo costeiro, o centeo xigante salvaxe, entre moitas outras. Desafortunadamente moitas destas especies, coma o xirasol de Os Ánxeles, fixéronse tan raras que estan consideradas en perigo de extinción.

Hai moitas flores exóticas e árbores florais que florecen durante todo o ano con cores suaves, como a jacaranda, hibiscus, phlox, bougainvillea, a flor da árbore de coral e paxaros do Paraíso. Se non houbese cidade, o crecemento de flores podería prosperar como industria, coma en Lompoc. A glicinia é coñecida por crecer tanto coma o terreo dunha casa, e nos Xardíns Descanso (Descanso Gardens) hai bosques de Camelios. Os orquídeos requiren especial atención neste clima Mediterráneo.

[editar] Cidades irmás

Sinal preto do Concello de Os Ánxeles sinala a orientación das cidades irmás
Sinal preto do Concello de Os Ánxeles sinala a orientación das cidades irmás

Os Ánxeles posúe 25 cidades irmás: [1]

[editar] Referencias

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -