Zúric - Zürich
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Zurich (en alemán Zürich, en francés e inglés Zurich, en latín Turicum) é unha cidade de 364.174 habitantes (1,08 millóns no contorno urbano). É a cidade máis grande de Suíza, e é a capital do cantón homónimo. Está dividida en 12 distritos (Kreise en alemán).
[editar] Xeografía
Zurich sitúase no límite septentrional do Lago de Zurich, onde o río Limmat abandona o lago. Un pouco máis ao norte, no maior parque da cidade, o Platzspitz, o río Sihl, procedento do suroeste, desagua no Limmat. No oeste da cidade exténdese o val do Limmat. Ao norte, Zurich crece sobre os montes Zürichberg e Käferberg, até chegar ao val do Glatt. No limite oriental encóntranse os montes Adlisberg e Uetliberg. A superficie do municipio é de 91,9km².
Concellos limítrofes
Os concellos que limitan con Zurich son: Kilchberg, Adliswil, Stallikon, Birmensdorf, Uitikon, Schlieren, Oberengstringen, Regensdorf, Rümlang, Opfikon, Wallisellen, Dübendorf, Fällanden, Maur e Zollikon.
[editar] Economía
Zurich é o centro comercial, económico e financeiro do país helvético. Compañías como USB, Credit Suisse, Swiss Re e moitas outras institucións financeiras (sobretodo bancos e aseguradoras) teñen as sedes centrais nesta cidade. O sector financeiro aporta máis da cuarta parte da actividade económica da cidade, favorecida pola lexislación nacional de secreto bancario. A Bolsa de Suíza (SWX Swiss Stock Exchange) tamén está localizada en Zurich. Esta cidade é un centro financeiro de primeiro nivel mundial e repetidas veces foi proclamada cidade con mellor calidade de vida no mundo.
[editar] Línguas
O idioma oficial empregado polo goberno e a maior parte da prensa é o alemán, mentres que o dialecto máis comunmente falado en Zurich é o Zürichdeutsch (alemán de Zurich), que é un dialecto do alemán de Suíza. O alemán é a lingua materna do 77% da poboación. O italiano é a segunda lingua nativa máis común, representando o 4,7% da poboación. Outras linguas con presenza relevante son o albanés (3,6%), línguas da antiga Iugoslavia 2,4% (inclúe serbio, croata, macedonio e esloveno), español (2,2%) (a maioría co galego como lingua materna), francés (2,1%), inglés (1,8%) e portugués (1,6%).