Yann Tiersen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Yann Tiersen | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Información | |
Orixe | Brest |
País | Francia |
Período | 1995- |
Xénero(s) | Nova chanson, Minimalismo, New Age, Vangarda |
Selo(s) discográfico(s) | BMG Music Publishing |
Membros | |
Antigos membros | |
Web oficial | www.yanntiersen.com |
Guillaume Yann Tiersen é un músico e compositor francés.
Índice |
[editar] Biografía
Yann Tiersen naceu o 23 de xuño de 1970 en Brest, Francia. Durante a súa infancia estudiou en diversos conservatorios de Rennes, Nantes e Boulogne. Estudiou violín, piano e máis tarde composición, pero sen limitarse a estes instrumentos, pois tamén posee gran técnica co acordeón e co toy piano, convertíndose nun multi-instrumentista virtuoso. Outro instrumento a destacar é a guitarra eléctrica, que convertiu no instrumento principal dos seus conciertos, malia non acadar con ela o virtuosismo do que fai gala cos outros instrumentos.
Pasou a súa mocidade influenciado polo rock e a chanson (chegando a ter un grupo de rock na adolescencia), e pola música clásica influenciado polos seus estudios no conservatorio. Esta característica mezcla é base esencial para unha comprensión adecuada da súa música, chegando a compaxinar e incluso unir o rock instrumental con partituras máis clásicas durante toda a súa carreira.
En 1995 publicou o seu primeiro álbum baixo o selo "Sine Terra Firme" (máis tarde renomeado como Ici d'Ailleurs), titulado La valse des monstres. A facultade multi-instrumentista de Yann Tiersen vese reflexada na produción do disco, con 17 pezas totalmente instrumentais con multitude de matices, sons e instrumentos.
Un ano máis tarde publicou Rue des cascades, disco que inclúe a súa primeira canción vocal (que dá título ó álbum) coa colaboración da cantante Claire Pichet. En 1998 este tema convertiríase no principal da banda sonora da película La Vie Rêvée des Anges de Erick Zonca.
Antes de publicar o seu novo disco realizou varias colaboracións con distintos músicos do seu país, sendo a máis destacable o álbum homónimo con Bästard, no que Tiersen xunto co grupo francés Bästard se alonxa das súas normativas tradicionais adentrándose no nebuloso mundo do post-rock e a experimentación. A colaboración con Claire Pichet repetiuse en Le phare (1998), o seu terceiro disco, que contou ademais cun novo invitado: Dominique A, sendo este un dos discos máis completos e con mellores críticas no panorama independente europeo.
Máis tarde, durante o verán de 1999 presentou o álbum Tout est calme, esta vez dotando á súa música dun aspecto máis rockeiro, ó verse acompañado dos seus amigos do grupo The Married Monk, liderado por Christian Quermalet. Nese mesmo ano, chegou outro álbum titulado Black Session, gravado o 9 de decembro durante un concerto rodeado de músicos consagrados do seu país como Neil Hannon, Noir Désir, Les Têtes Raides ou Mathieu Boogaerts.
En 2001 publicou L’Absente, quizais o seu disco máis producido, tanto pola cantidade de invitados como pola cantidad de instrumentos que complementan cada canción. Máis cercano á nova canción francesa, entre os invitados están The Vienna Symphony Orchestra, Lisa Germano, Neil Hannon (de The Divine Comedy), Dominique A, Françoiz Breut, Les Têtes Raides, Sacha Toorop (de Zoop Hopop), Natacha Regnier, Christian Quermalet (de The Married Monk), Marc Sens, Christine Ott e un cuarteto de cordas. No mesmo ano publicou o disco que probablemente lle aportou a maior cantidade de ovacións por parte dos medios: a banda sonora de Le fabuleux destin d'Amélie Poulain, que malia ter algúns temas novos, na maior parte é integrada por vellas composicións dos tres primeiros discos. Con esta banda sonora conseguiría o recoñecemento do público a nivel mundial.
En 2002, xunto a unha orquestra e unha serie de artistas invitados (entre eles Dominique A. e Christian Quermalet) publicou C'etait ici, que compila os seus mellores temas en directo nun doble álbum.
Despois dunha multitudinaria xira en 2003, Yann Tiersen volveu ás colaboracións, esta vez coa rockeira americana Shannon Wright coa que compuxo en só 20 días un disco de título homónimo no que o rock independente de Shannon se funde coa instrumentación particular de Tiersen nun total de 10 temas.
Tras L'absente pasarían 5 años sen publicar disco propio ata que en 2005 sae ó mercado Les Retrouvailles (Os reencontros), composto e gravado na illa de Ouessant, lugar de refuxio e inspiración de Tiersen. Neste disco conta coa colaboración novamente de Dominique A., ademais de Miossec, Stuart Staples (de Tindersticks), Liz Fraser (de Cocteau Twins) e Jane Birkin. A este disco compleméntao un DVD que saíu ó mercado oficialmente o 12 de xullo co título de La traversée, película realizada por Aurélie du Boys e na que se pode ver toda a realización deste último álbum, que presentaría en concierto durante 2005 e 2006 cun radical cambio na súa música en directo, con maior cantidade de arranxos e cercano ó post-rock que sempre admirou. Este novo son quedou recollido no seguinte álbum en directo de Yann Tiersen, titulado On Tour que se editou oficialmente o 13 de novembro de 2006, acompañado novamente dunha película musical realizada por Aurelié du Boys, que acompañou ó músico bretón durante a xira. Gran parte das gravacións, pertencentes tanto á película como ó álbum, son dos seus concertos en España e particularmente en Madrid, cidade onde tocou dúas veces nun ano durante a presentación de Les Retrouvailles.
A composición dos seus temas comprende a manipulación de variados instrumentos, entre os que cabe destacar o piano de xoguete (chamado toy-piano), o acordeón, o violonchelo, o banjo, o clavicordio e a melódica entre outros.
Películas como La Vie Rêvée des Anges (1998, de Erick Zonca), Alice et Martin (1998, de André Téchiné), Qui Plume la Lune? (1999, de Christine Carrière) e Good bye, Lenin! (2003, de Wolfgang Becker), foron musicalizadas por Yann Tiersen, que anteriormente traballara na música dentro do mundo do teatro.
[editar] Obras
[editar] Discografía
- La valse des monstres, 1995.
- Rue des cascades, 1996.
- Le phare, 1998.
- Tout est calme, 1999.
- Black session, 1999.
- L'absente, 2001.
- Le fabuleux destin d'Amelie Poulain (BSO), 2001.
- C'etait ici, 2002.
- Good bye, Lenin! (BSO), 2003.
- Yann Tiersen & Shannon Wright, 2004.
- Les retrouvailles, 2005.
- On tour, 2006.
[editar] Películas dedicadas á súa música
- La traversée (de Aurelié du Boys), 2005.
- On tour (de Aurelié du Boys), 2006.
[editar] Filmografía (acompañamento musical)
- Amélie (de Jean-Pierre Jeunet), 2000.
- Good Bye, Lenin! (de Wolfgang Becker), 2003.
- Alice et Martin (de André Téchiné), 1998.
- La Vie rêvée des anges (de Erick Zonca), 1998.
[editar] Ligazóns externas
- www.yanntiersen.com/ (en francés e inglés)
- Yann Tiersen na Internet Movie Database (en inglés)