See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xurxo Alonso - Wikipedia

Xurxo Alonso

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xurxo Alonso García é un pintor e escritor galego que naceu en Bos Aires (Arxentina) en 1956.

Índice

[editar] Biografía

Aínda que nado en Sudamérica é galego por ascendencia familiar e porque desde os oito anos reside en Vilagarcía de Arousa. Inicialmente segue outros camiños xa que consegue a licenciatura en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, se ben a súa paixón pola pintura imponse. Empezou o oficio na Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela e continuou nos talleres de arte actual de Madrid, cerca de pintores tan singulares como Guinovart e Alcorlo; en San Sebastián, con Bonifacio Alonso e novamente en Madrid con McLean. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra na IX Bienal Internacional de Arte e da Fundación Rodríguez Acosta de Granada.

As súas primeiras exposicións tiveron lugar en 1983 na súa cidade natal. As individuais repártense por toda Galiza, España e México, participando en numerosas colectivas, nalgunhas das cales obtivo importantes premios, desde o II Certamen de artistas noveis, en Vigo, en 1983, a outros en diferentes cidades de Galiza e de España. Posúen obras súas no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, os museos de Burgos, Sada, etc, así como deputacións e concellos de moitas cidades españolas.

Xurxo Alonso é, fundamentalmente un paisaxista, de condición intensamente abstractiva e modos que se inician no construtivismo conceptual, que ás veces o emparentan con Molezún ou con Jorge Castillo. A xeografía urbana de Nova York tivo na súa pintura unha influencia considerable. Os volomes concisos, que o simplifica aínda máis, constitúen a referencia, en azuis, rosas, grises para unha expresión deliberadamente elemental. Ás veces emprega gamas neutras e as referencias dilúense ou perden para entregar unha mancha recia, de pincelada ancha, en negros e ocres nos que emerxe un azul moi lírico para insinuarnos a heteroxeneidade dunha megalópole e a vaga referencia dunha natureza de estrutura horizontal moi firme en amplos planos.

[editar] Obra literaria

No campo da creación poética ten publicado os libors:

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Xurxo Alonso: Catálogo. Vigo, Galería Saira, 1992.
  • Sobrino Manzanares, M.ª Luisa: El lenguaje silencioso de los objetos. Vigo, Galería Alameda, 1995.
  • Coincidencias. Santiago, Xunta de Galicia, 1994.

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -