See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Centro Galego de Arte Contemporánea - Wikipedia

Centro Galego de Arte Contemporánea

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Sede do CGAC en San Domingos de Bonaval
Sede do CGAC en San Domingos de Bonaval
Jürgen Partenheimer, Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, Santiago de  Compostela, 1999
Jürgen Partenheimer, Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, Santiago de Compostela, 1999

O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC é un centro con sede en Santiago que ten como fin fomentar a cultura en Galiza mediante a exhibición, deleite e coñecemento das tendencias e correntes da creación artística contemporánea.

Índice

[editar] A institución

O CGAC creouse ao amparo competencial do artigo 27.19º do Estatuto de Autonomía para Galiza e mediante o Decreto 308/1989. Foi inaugurado no ano 1993, cunha exposición antolóxica de Maruxa Mallo, e conta con programación estable dende 1995.

Ten como obxectivos e funcións principais os seguintes:

  1. Promove-lo coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea.
  2. Garanti-la protección, conservación e restauración das obras artísticas que o integran.
  3. Exhibir coleccións para a súa contemplación e estudo.
  4. Desenvolver programas de exposicións temporais de arte contemporánea.
  5. Fomenta-lo acceso ás coleccións dos visitantes.
  6. Configurar un fondo bibliográfico e documental.
  7. Desenvolve-las actividades didácticas respecto ós seus contidos.
  8. Estudo e dictames técnicos que lles sexan requiridos.
  9. Formación e perfeccionamento de persoal especializado en arte contemporánea.
  10. Desenvolve-los programas de investigación e elaborar e publicar catálogos e monografías.
  11. Establecer relacións de coooperación e colaboración con outras institucións.
  12. Desenvolver accións conxuntas con outras entidades.

A súa colección de arte contemporánea está composta polos fondos da Xunta de Galiza, polos fondos que adquiriu o propio centro, e os procedentes de depósitos ou doazóns. Destaca a súa inclusión de obras de artistas galegos en continuo diálogo coa creación artística do resto do estado e a do ámbito internacional.

Na actualidade a súa regulamentación está dirixida polo seguintes órganos reitores:

  1. O padroado.
  2. A Dirección do Centro.
  3. A xerencia.

A Dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea foi exercida dende a súa fundación polas seguintes persoas:

  • Antón Pulido Nóvoa.
  • Gloria Moure Cao.
  • Miguel Fernández-Cid Enríquez.
  • O día 21 de novembro de 2005, a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza, presentou en rolda da prensa ao novo director do CGAC, responsabilidade que se outorga a Manuel Olveira Paz.

Pertence na actualidade á estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza. O seu horario de apertura é de martes a domingo de 11 horas a 20 horas. O enderezo Rúa Valle Inclán, s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono de contacto: 981 54 66 29. O prezo de entrada é gratuito.

[editar] O edificio

Atópase no límite da cidade monumental de Santiago de Compostela, nun espazo no que comparte veciñanza do convento de San Domingos de Bonaval, onde se atopa o Panteón de Galegos Ilustres e o Museo do Pobo Galego, lembranza etnográfica da nosa historia. Tamén a recuperación do parque de San Domingos no espazo contiguo ó Centro Galego de Arte Contemporánea, respecta a distribución da antiga horta do convento, coa sucesión de socalcos, solución galaica ó aproveitamento do desnivel do terreo para a utilización agrícola.

Deseñado polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira (Matosinhos, 1933), veu resolver con acerto e brillantez a posta en valor dunha parte de Santiago de Compostela degradada uns anos atrás cando se abriu a Rúa Valle Inclán, feito que desarticulou o equilibrio do conxunto histórico da zona.

A construción é respectuosa co entorno é ven complementar os espazos arquitectónicos xerados polas fachadas do convento e a Igrexa de San Domingos de Bonaval, e ó mesmo tempo, aporta unha nova fachada á nova rúa.

A estrutura do seu interior como un grande espazo, onde os xogos de volumes das salas, os pequenos detalles escultóricos da terraza ou a presenza da luz exterior, fan do conxunto un capricho para que o visitante deguste en cada paso polo seu interior. Conta con varias salas de exposicións permanentes e temporais, obradoiros, auditorio, biblioteca, cafetaría como de uso público, e a zona de despachos de uso dos servizos administrativos do Centro.

Salientar a sala denominada "dobre espazo", entre a planta baixa e a planta de exposición permanente, o seu vestíbulo de recepción e distribución, a terraza, etcétera. Todas van sorprendendo ao visitante pola singularidade e á vez por ir conectándose unhas coas outras, coma nun máxico labirinto.

Os materiais empregados na construción respectan os propios e definitorios da cidade de Santiago de Compostela, pedra e cristal nas fachadas, e no interior mármore e madeira. A adecuación ó lugar onde se constrúe e ao seu clima, xunto a corrección co entorno, son as máximas desenvolvidas pola arquitecto na preparación deste proxecto.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -