See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
William Tecumseh Sherman - Wikipedia

William Tecumseh Sherman

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Maior Xeneral William T. Sherman
Maior Xeneral William T. Sherman

William Tecumseh Sherman, militar, educador e escritor estadounidense (8 de febreiro de 1820 - 14 de febreiro de 1891). A súa celebridade deriva da súa participación co rango de xeneral na guerra civil dos Estados Unidos (1861-1865), onde recibiu tanto eloxios pola súa eficiente utilización da estratexia militar, como tamén fortes críticas pola súa implacable política de "terra arrasada" que utilizou na chamada guerra total contra o inimigo. Esta política mereceulle o cualificativo, por parte dalgúns autores, de "o primeiro xeneral moderno"[1]

Índice

[editar] Guerra civil

Sherman serviu baixo as ordes do xeneral Ulysses S. Grant en 1862 e 1863 durante as campañas que conduciron á caída da fortaleza confederada de Vicksburg nas proximidades do río Mississippi e que culminaron coa expulsión das tropas confederadas do estado de Tennessee. En 1864, Sherman sucedeu a Grant como comandante das forzas da Unión no teatro occidental de operacións. Alí liderou ás súas tropas na captura da cidade de Atlanta, un éxito militar que contribuíu decisivamente para a reelección do presidente Abraham Lincoln en 1864, sobre o seu contendente o ex xeneral George McClellan. A posterior marcha de Sherman a través de Xeorxia e as Carolinas deteriorou aínda máis a capacidade da Confederación para continuar a loita. Sherman aceptou a rendición de todos os exércitos confederados das Carolinas, Xeorxia e Florida en abril de 1865. Logo da Guerra Civil, Sherman foi nomeado comandante xeneral do exército (1869-1883) e como tal correspondeulle a condución das guerras indias no oeste dos Estados Unidos. Negouse tenazmente a participar en política e en 1875 publicou as súas memorias, unha das fontes de primeira man sobre a guerra civil máis coñecidas.

[editar] Estratega

Sherman e o seu estado maior, nunha fotografía de Mathew Brady
Sherman e o seu estado maior, nunha fotografía de Mathew Brady

O historial do xeneral Sherman como táctico é diverso, e o seu legado militar reside principalmente no seu control da loxística e na súa brillantez como estratega. O influente historiador e teórico militar británico do século XX Basil Liddell Hart, catalogou a Sherman como un dos máis importantes estrategas nos anais da guerra de todos os tempos, á altura de Escipión o Africano, Belisario, Napoleón Bonaparte, Lawrece de Arabia e Erwin Rommel. Liddell Hart recoñeceu en Sherman un mestre da guerra de manobras (tamén coñecida como o "enfoque indirecto"), tal como demostrouno pola súa serie de movementos de avance e retroceso contra o xeneral Johnston durante a campaña de Atlanta. Liddell Hart tamén afirmou que o estudo das campañas de Sherman contribuíu significativamente na súa propia obra "Teoría da Estratexia e Tácticas na Guerra Mecanizada", que á súa vez influíu na doutrina da Blitzkrieg de Heinz Guderian e na utilización dos tanques por Rommel na Segunda Guerra Mundial.[2]

A maior contribución de Sherman á guerra, a estratexia de guerra total, apoiada polo xeneral Grant e polo presidente Lincoln, foi obxecto de gran controversia. O mesmo Sherman minimizaba o seu propio rol na cuestión dicindo a miúdo que o só estaba obedecendo as ordes que tiña segundo o seu mellor entender, co fin de cumprir ca súa parte no plan mestre de Grant para terminar coa guerra.

[editar] Sherman e a Guerra Total

Do mesmo xeito que Grant, Sherman estaba convencido que a capacidade estratéxica, económica e psicolóxica da Confederación para soster a guerra, tiña que ser definitivamente destruída para que a loita chegase ao seu fin. Deste xeito, pensaba que a Unión tiña que conducir a campaña como unha guerra de conquista e empregar tácticas de terra arrasada para crebar a columna dorsal da Confederación.

O avance de Sherman a través de Xeorxia e Carolina do Sur caracterizouse pola destrución xeneralizada de subministracións civís e infraestrutura, unido algunhas veces a accións de saqueo, que aínda que estaban oficialmente prohibidas, existen desacordos sobre que tanto existía a vontade para facer cumprir esta disposición[3]. A velocidade e eficiencia da destrución causada polas forzas de Sherman é destacable. A práctica de dobrar carrís do ferrocarril ao redor de árbores deixando tras de si as famosas gravatas de Sherman, facía as reparacións moi difíciles para a Confederación. Acusacións de que se atacou a brancos civís e de que se cometeron crimes de guerra na marcha, fixeron de Sherman unha figura controvertida ata o día de hoxe, particularmente no Sur.

O dano causado por Sherman estivo limitado case exclusivamente á destrución da propiedade. Aínda que non hai cifras exactas dispoñibles, a perda de vidas humanas parece ser moi pequena[4]. A destrución de víveres e infraestrutura, en conxunto coa diminución da moral do inimigo, eran os obxectivos sinalados explicitamente por Sherman, o que foi comentado polos seus contemporáneos. Así, o maior Henry Hitchcock, oriúndo de Alabama, pero que servía no comando de Sherman, declarou respecto diso que "é unha cousa terrible destruír os bens e o sustento de miles de persoas, pero que se a estratexia de terra arrasada funciona para a acción de paralizar aos seus esposos e pais que están pelexando, entón é unha cousa boa ao final".[5]

A severidade dos actos de destrución polas tropas da Unión foi significativamente maior en Carolina do Sur que en Xeorxia ou Carolina do Norte. Isto parece ter como orixe a animosidade entre os soldados nordistas e os seus oficiais contra o estado que eles sinalaban como "o tobo da rebelión"[6]. Unha das acusacións máis serias contra Sherman é o permitir o incendio da cidade de Columbia polos seus soldados. O historiador James M. McPherson, di, con todo, respecto diso: "O estudio máis completo e desapaixonado desta controversia, permite culpar a ambos os bandos en distintas proporcións, incluíndo ás autoridades confederadas, pola desorde que caracterizou a evacuación de Columbia, deixando centos de fatos de algodón nas rúas (algúns queimándose) e enormes cantidades de licor sen destruír... Sherman non incendiou deliberadamente Columbia; a maioría dos soldados da Unión, incluíndo ao propio xeneral, traballaron durante a noite apagando os incendios".[7]

[editar] Avaliación actual

Logo da caída de Atlanta en 1864, Sherman ordenou a evacuación da cidade. Cando o consello dela apelou ao xeneral para que rescindise a orde sobre a base de que causaría graves penurias a mulleres, anciáns, nenos e a persoas que non tiñan responsabilidade na condución da guerra, Sherman enviou unha resposta en que xustificaba a súa accionar no convencemento de que unha paz duradeira só sería posible coa restauración da Unión, e dese modo, el estaba resolto a facer todo o necesario e que estivese ao seu alcance para esmagar a rebelión:

Vostedes non poden cualificar a guerra en termos máis duros do que eu farei. A guerra é crueldade, e vostedes non a poden civilizar; e aqueles que levaron a guerra ao noso país merecen todas as maldicións e condenas que a xente poida verter sobre eles.

(...) Se os Estados Unidos permiten unha división agora, isto non parará e seguirá ata que cheguemos ao mesmo destino de México, que é guerra eterna.

(...) Quero a paz, e creo que só se pode alcanzar a través da unión e da guerra e conducirei sempre a guerra co propósito dun éxito temperán e perfecto[8].

Aínda que hai quenes pensan que Sherman é o predecesor da inhumanidade das guerras en gran escala do século XX, outros pensan que en comparación con outros conflitos, como a guerra Anglo-Bóer (1899-1902) onde os civís foron obxectivos militares debido ao seu rol de sustentadores da resistencia armada, o historiador Hermann Giliomee declara que Sherman emerxe como un comandante que "logrou un mellor balance entre severidade e contención que os oficiais británicos ao tomar accións proporcionais ás necesidades lexítimas da guerra"[9], e é visto como o precursor dunha forma de guerra que está acorde coas esixencias dos conflitos armados modernos, e que no seu caso foron efectivas e xustas.

[editar] Referencias

  • Liddell Hart, Basil Henry, Sherman: Soldier, Realist, American, Dodd, Mead & Co., 1929. Reprinted in 1993 by Da Capo Press, ISBN 0-306-80507-3.
  • Grimsley, Mark, The Hard Hand of War: Union Military Policy toward Southern Civilians, 1861–1865, Cambridge University Press, 1997, ISBN 0-521-59941-5.
  • McPherson, James M., Battle Cry of Freedom: The Civil War Era, illustrated ed., Oxford University Press, 2003, ISBN 0-19-515901-2.
  • Hitchcock, Henry, Marching with Sherman: Passages from the Letters and Campaign Diaries of Henry Hitchcock, Major and Assistant Adjutant General of Volunteers, November 1864 – May 1865, ed. M.A. DeWolfe Howe, Yale University Press, 1927. Reimpreso en 1995 por University of Nebraska Press, ISBN 0-8032-7276-6.
  • Giliomee, Hermann, The Afrikaners: Biography of a People, University Press of Virginia, 2003, ISBN 0-8139-2237-2.

[editar] Notas

  1. Liddell Hart, p. 430
  2. Liddell Hart, foreword to the Indiana University Press's edition of Sherman's Memoirs (1957). Quoted in Wilson, p. 179
  3. Ver, por exemplo, Grimsley, pp. 190–204; McPherson, pp. 712–714, 727–729.
  4. Ver, por exemplo, Grimsley, p. 199
  5. Hitchcock, p. 125
  6. Ver, por exemplo, Grimsley, pp. 200–202
  7. McPherson, pp. 728–729
  8. Texto da carta do maior xeneral William T. Sherman, ó alcalde e Concello da cidade de Atlanta, 12 de setembro de 1864
  9. Giliomee, p. 253

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -