VLC media player
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
VLC media player | |
---|---|
{{{rodapé}}} |
|
Desenvolvedor: | Proxecto VideoLAN |
Última versión: | 0.8.6 () |
Sistema operativo: | Multiplataforma |
Xénero: | Reprodutor |
Licenza: | GPL |
En galego: | Si |
Sitio web: | www.videolan.org |
O VLC media player (inicialmente VideoLAN Client) é un reprodutor de medios do proxecto VideoLAN. Admite moitos códecs de audio e video, así coma diferentes tipos de ficheiros, ademais dos formatos de DVD, VCD e varios protocolos de transmisión. Tamén pode ser usado coma un servidor de fluxo en unicast ou multicast, en IPv4 ou IPv6 , nunha rede de alto ancho de banda. O programa usa a biblioteca do códec libavcodec do proxecto FFmpeg para manexar os moitos formatos que admite, e emprega a biblioteca de descifraxe DVD libdvdcss para poder reproduci-los DVD cifrados.
É un dos reprodutores máis independentes, en canto a plataforma se refire, con versións para Linux, Microsoft Windows, Mac OS X, BeOS, BSD, Pocket PC e Solaris.
En Windows, Linux, e algunhas outras plataformas, o VLC inclúe unha extensión Mozilla/Firefox, que permite ver algúns ficheiros Quicktime e Windows Media incrustados nas webs sen ter que usar produtos de Microsoft ou Apple.
Da versión 0.8.2 en diante, o VLC vén cunha extensión ActiveX, que permite ver algúns ficheiros QuickTime e Windows Media incrustados nas webs, cando se navega co Internet Explorer.
O VLC media player pódese usar coma unha aplicación portable.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Lista de reprodutores de medios
- Comparación de reprodutores de medios