Internet Explorer
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Internet Explorer, tamén coñecido como IE ou MSIE, é un navegador web de Internet gratuíto producido por Microsoft para a súa plataforma Windows e, máis tarde, para Apple Macintosh. Creado en 1995, despois da adquisición por parte de Microsoft do código fonte de Mosaic, un navegador desenrolado por Spyglass. O navegador foi renomeado como Internet Explorer, para competir con Netscape.
Índice |
[editar] Últimas vulnerabilidades
A empresa de seguridade informática eEye Digital Security creou un parche non oficial para o IE xa que Microsoft aínda non ten parche para palialo. A vulnerabilidade que palia (descuberta por Secunia) pódese paliar tamén desactivando as secuencias de comandos de activex:
Internet Explorer Window Loading Race Condition Address Bar Spoofing
Outra vulnerabilidade descuberta por Secunia e que aínda está sen parche trata en usar unha animación en flash para simular unha barra de direccións falsa, isto é moi perigoso xa que así é moito máis fácil simular unha páxina falsa como se fose real. Na propia web de Secunia hai un exemplo do erro, poñen na barra de direccións google.com cando realmente é outra.
Ambas vulnerabilidades afectan tanto a versión 6.0 como a 7.0 beta 2.