Mozilla Firefox
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mozilla Firefox | |
---|---|
Mozilla Firefox 2.0 en GNOME, Ubuntu |
|
Desenvolvedor: | Mozilla Foundation |
Última versión: | 2.0.0.12[1] (7 de febreiro de 2008) |
Sistema operativo: | Windows/GNU/Linux/Mac OS X/Solaris/BSD |
Xénero: | Navegador web |
Licenza: | MPL/GPL/LGPL |
En galego: | Si (mediante extensión)[2] |
Sitio web: | www.mozilla-europe.org |
Mozilla Firefox (orixinariamente coñecido como Phoenix e brevemente como Mozilla Firebird) é un navegador desenvolto pola Mozilla Foundation, axudado por centos de voluntarios como software libre e multiplataforma.
A versión 1.0[3] foi publicada o 9 de novembro de 2004, e ata o 12 de febreiro de 2007, Firefox acadou os 300 millóns de descargas, converténdose nunha das aplicacións de código libre máis usadas polos usuarios particulares.
A versión actual estable é a 2.0.0.12, do 7 de febreiro de 2008. Estase a desenvolver a 3.0 (da que xa hai a cuarta versión beta). Mozilla Firefox pretende ser un navegador pequeno, rápido, intuitivo, estable e seguro. Baseado no compoñente de navegación da suíte Mozilla, o Firefox converteuse no produto principal da Mozilla Foundation.
O código fonte de Firefox está disponíbel baixo os termos MPL/GPL/LGPL. De acordo con Net Applications, o 14'56% dos navegadores do mundo eran Firefox en agosto do 2007, cun 14'05% usando a version 1.5 ou superior.
[editar] Lemas de Firefox
- Redescubre a web
- Navega á última
- Seguro, Rápido e Gratuíto
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Firefox - Rediscover the web - Páxina oficial (en ingles).
- Difunde Firefox - Páxina con banners para promulga o uso do Firefox
- Firefox Spain
- Comunidade Mozilla en castelán
- Proxecto de tradución de Firefox - Lugar onde podes baixar a traducion da ultima versión ó galego de Firefox. [Non dispoñible]
- Primeira tradución ó galego (dende a 0.6 ata 0.8) realizada por Jacobo Tarrio do Proxecto Trasno