Vitamina B3
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A niacina, ou ácido nicotínico ou vitamina B3, é unha vitamina hidrosoluble cuxos derivados, NADH e NAD , e NADPH e NADP , xogan roles esenciais no metabolismo enerxético da célula e da reparación de ADN.Northwestern University Nutrition A designación vitamina B3 tamén inclúe ás correspondentes amidas nicotinamida, ou niacinamida, con fórmula química C6H6NON2.
Co termo xenérico de niacina ou vitamina PP enténdese o ácido nicotínico, o seu amida (a nicotinamida) e todos os derivados biolóxicos que se poden transformar en compostos bioloxicamente activos. Polo xeral defínese a actividade da niacina nos alimentos como concentración de ácido nicotínico formado pola conversión do triptófano, contido nos alimentos, en niacina. Esta é bioloxicamente precursora de dúas coenzimas que interveñen en case todas as reaccións de óxido-redución: o nicotin adenin dinucleótido (NAD ) e o nicotin adenin dinucleótido fosfato (NADP ). A pelagra é a consecuencia dunha carencia de vitamina PP (posúe o factor P-P, Preventivo da Pelagra) e de triptófano ou do seu metabolismo.
A nicotinamida e o ácido nicotínico atópanse abundantemente na natureza. Hai unha predominancia de ácido nicotínico nas plantas, mentres que nos animais predomina a nicotinamida. Atópase principalmente no lévedo, o fígado, as aves, as carnes sen graxa, a froita seca e as legumes. Tamén se atopa na lúcuma. O triptófano, precursor da niacina, atópase abundantemente na carne, o leite e os ovos.
A niacina participa nas reaccións que xeran enerxía grazas á conversión bioquímica de hidratos de carbono, graxas e proteínas. NAD e NADH son fundamentais para utilizar a enerxía metabólica dos alimentos. A niacina participa na síntese dalgunhas hormonas e é fundamental para o crecemento.
As necesidades diarias recomendadas de equivalentes de niacina (NE) para un adulto son: 6,6 NE por 1.000 kcal e non menos de 13 NE por achegues de calorías inferiores a 2.000 kcal. As mulleres embarazadas necesitan suplementos de 2 NE ao día, as que aleitan necesitan 5 NE ao día. Para os nenos de ata seis meses, cunha dieta calórica de 1.000 kcal ao día é de 8 NE/día. Para idades superiores as necesidades diarias dependen de cantas calorías inxérense.
[editar] Biosíntese
Os 5 membros aromáticos heterocíclicos do aminoácido esencial, triptófano, son rearmados cun grupo amino alfa de triptofano nos 6 membros aromáticos heterocíclicos de niacina pola seguinte reacción:
Vitaminas | |
---|---|
[editar] LiposolublesRetinol (A), Calciferol (D), Tocoferol (E), Filoquinona (K) [editar] HidrosolublesTiamina (B1), Riboflavina (B2), Niacina (B3), Ácido pantoténico (B5), Piridoxina (B6), Biotina (B7), Ácido fólico (B9), Cobalamina (B12) Ácido ascórbico (C) |