Vaxina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A vaxina é o conduto muscular e membranoso que nas femias dos mamíferos vai do útero ao exterior, á vulva do corpo e na dos insectos e outro invertebrados é a parte exterior da cloaca, representa o órgano copulador feminino, destinado a recibir o pene, serve tamén como vía de paso dos produtos secretados polo útero e para o fluxo menstrual, así como tamén é a saída o feto no momento do parto. A parte externa da vulva é denominada vestíbulo da vaxina. Nese lugar encóntranse dous orificios: orificio urinario (da uretra) e o orificio xenital (da vaxina).
A parte interna da vaxina esténdese ata a porción inicial do útero (colo). Todo ese conxunto é denominado canal vaxinal. O canal vaxinal presenta dúas partes de orixes embriolóxicas diferentes, pois a orixe do canal vaxinal é promovida cando o útero se encontra próximo ao epitelio que formara o vestíbulo e comeza a migrar para a sua posición final, o tecido epitelial é empurrado, así como o tecido do útero, formando así o canal vaxinal coa súa porción superior formada por tecido proveniente do útero e a porción inferior do tecido epitelial; o hime é formado co estiramento do tecido epitelial de onde o útero estaba próximo, promovendo así un afinamento desta superficie.
O límite entre a vaxina e a vulva constitúe unha dobra, o hímen. Este encontrase na porción anterior do canal vaxinal, ou vestixios da estrutura, dependendo da súa fibrosidade pode ser roto nas primeiras relacións sexuais.
Os órganos xenitais femininos producen a célula reprodutora feminina, e reteñen o produto da eventual fecundación, permitindo o seu desenvolvemento. Están compostos dos ovarios, onde a célula reprodutora feminina se forma, das tubas uterinas, do útero e da vaxina, e aínda da vulva, ou sexa, o complexo dos órganos xenitais externos.