Unión del Pueblo Leonés
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unión del Pueblo Leonés é un partido político español de carácter leonesista que arela conseguir que León, Zamora e máis Salamanca, (provincias integrantes do denominado País Leonés, e correspondentes ao antigo Reino de León e na división territorial de 1833) formen unha comunidade autónoma propia.
O xerme naceu co a Unión Leonesista (UNLE), organización política creada no ano 1986, por un grupo de persoas procedentes de movimentos leonesistas e de partidos políticos estatais (AP, UCD, PSOE ou o PSP), que crían que a integración da rexión de León na comunidade de Castela e León suporía a fin do Antigo Reino.
A unión da UNLE con outros seis grupos leonesistas, en febreiro do 1991, orixinou a nacemento oficial da UPL, sob o liderado de José María Rodríguez de Francisco, até entón concelleiro independente no Concello de León.
No 2003, a Unión del Pueblo Leonés atinxíu un aumento en votos e concelleiros, mais reduciu a súa representación na corporación da cidade de León, que gobernara en coalición co Partido Popular. A UPL pasou naquela altura a apoiar nese concello ao Partido Socialista Obrero Español, en prexuízo do Partido Popular, encabezado por Mario Amilivia.
Outramente apresentouse, por vez primeira, na provincia de Zamora, obtendo, con maioría absoluta, o goberno en cinco municipios, e mesmo o doutros, mercé o apoio doutras formacións; o balance total foi de máis de 50 concelleiros eleitos de UPL, o que o converteu na terceira forza desa provincia.
Porén, a posibilidade de ter en España un presidente de goberno leonés, o socialista José Luis Rodríguez Zapatero, afectou o eleitorado leonesista, polo que nas eleccións xerais do 14 de marzo de 2004, o partido acadou uns resultados modestos.
Con todo, a UPL conta con cerca de catro mil afiliados, e a expansión da mesma espallouse noutras provincias, que contan na actualidade con comité propio, así en Zamora, Salamanca e Madrid.
En xuño de 2006, sendo secretario Abel Pardo Fernández, asinouse, en Salamanca, un acordo co partido Unión del Pueblo Salmantino e máis a organización de mocedade Conceyu Xoven, para apresentarse conxuntamente nas eleccións municipais de 2007, polo que por primeira vez na súa historia tenrá candidaturas en toda as provincias d País Leonés.