Udine
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Udine (Udin en friulano, Utinum en latín, Videm en esloveno, Weiden en alemán histórico), è unha cidade de 96.750 habitantes capital da provincia homónima, na rexión italiana de Friuli-Venezia Giulia (noreste de Italia) é considerada a capital do Friuli.
[editar] Xeografía e demografía
A cidade encóntrase no centro da rexión friulana e é un nó das comunicacións transalpinas entre Italia, Austria, Eslovenia e os países do leste de Europa. Udine xorde nunha chaira entorno a un outeiro, a poucos quilómetros da faixa montañosa do Friuli. Cos once concellos do retroterra forma unha área urbana de perto de 169.000 habitantes en 312 km² (31-12-2006), cunha densidade de 543 hab/km².
Habitantes censados na área urbana de Udine
Concello | Habitantes a 31/12/2006 | Superficie (km²) |
Campoformido | 7.458 | 21,98 |
Martignacco | 5.821 | 26,72 |
Pagnacco | 4.597 | 14,87 |
Pasian di Prato | 8.948 | 15,3 |
Pavia di Udine | 5.665 | 25,98 |
Povoletto | 5.458 | 34,58 |
Pozzuolo del Friuli | 6.722 | 34,28 |
Pradamano | 3.310 | 16,31 |
Reana del Rojale | 4.914 | 20,18 |
Remanzacco | 5.904 | 30,6 |
Tavagnacco | 13.783 | 15,37 |
Udine | 96.750 | 55,81 |
Total | 169.327 | 311,98 |
[editar] Clima
O clima de Udine é prevalentemente continental, con temperaturas non moi elevadas no verán e bastante frías no inverno.
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temperatura máxima media (°C) | 7 | 9 | 13 | 17 | 22 | 25 | 28 | 28 | 24 | 19 | 13 | 8 | 17,7 |
Temperatura mínima media (°C) | -1 | 1 | 3 | 7 | 11 | 15 | 17 | 17 | 13 | 9 | 4 | 0 | 8,2 |
Chuvia(mm) | 89 | 72 | 103 | 119 | 126 | 136 | 79 | 90 | 99 | 124 | 107 | 104 | 1248 |
[editar] Irmanamentos
Cidades xemelgas
- Esslingen am Neckar, Alemaña desde 1958
- Vienne, Francia desde 1959
- Neath Port Talbot, Gales desde 1960
- Norrköping, Suecia desde 1964
- Schiedam, Holanda desde 1970
- Villaco, Austria desde 1979
- Albacete, España desde 2002
Cidades amigas