Friuli-Venezia Giulia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Friuli-Venezia Giulia (Friûl-Vignesie Julie en friulano, Forum Iulii et Venetia Iulia en Latín, Friaul-Julisch Venetien en alemán, Furlanija-Julijska krajina en esloveno) é unha rexión nororiental italiana de perto de 1,2 millóns de habitantes, con capital en Trieste.
Trátase dunha rexión autónoma con estatuto especial, formada polo Friuli (que é o 90% do territorio, con capital histórica en Udine), e pola Venezia Giulia, que permanece en territorio italiano desde o fin da Segunda Guerra Mundial: aínda non se pode establecer unha fronteira precisa entre estas dúas zonas, mentrse que para algún a fronteira sería delimitada polo río Timavo (fronteiras do Friuli histórico), para outros, sobretodo habitantes da marxe esquerda do río Isonzo, a fronteira sería este último río.
A rexión limita ao leste con Eslovenia, ao norte con Austria, ao oeste co Veneto e ao sur está bañada polo mar Adriático.
Índice |
[editar] Xeografía
A rexión é prevalentemente montañosa. As montañas ocupan o 42,5% do territorio, as chairas o 38% e os outeiros o 19%.
[editar] Historia
Friuli-Venezia Giulia é unha rexión creada sobre un taboleiro nos anos da posguerra; despois do definitivo retorno de Trieste a Italia. O 10 de febreiro de 1947 firmouse en París o Tratado de Paz entre Italia e as potencias aliadas. O 15 de setembro de 1947 constitúese o TLT (Territorio Libre de Trieste, en italiano Territorio Libero di Trieste) que comprendía os territorios de Trieste e Capodistria; isto estaba destinado a ser un novo Estado baixo o directo control do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Este proxecto foi botado abaixo por Italia e Iugoslavia e nunca chegou a materializarse. O 26 de outubro de 1954 a zona A (territorio de Trieste) do TLT retornará a Italia e a zona B (Capodistria) permanecerá na Iugoslavia. O Estado italiano decide, en 1963, unir a parte do TLT asignada a Italia ao Friuli, dando unha certa autonomía á nova rexión, en parte porque se encontraba próxima á celebre corina de ferro ou telón de aceiro. A unión de territorios con poboacións moi diversas por historia, cultura e tradicións causou friccións internas e reivindicacións, que teñen a súa máxima expresión na rivalidade entre Udine e Trieste.
[editar] División administrativa
[editar] Linguas
En Friuli-Venezia Giulia pédense diferenciar catro comunidades lingüísticas cos seus respectivos idiomaas:
- Italiano: 53,3%
- Friulano: 43%
- Esloveno: 4,7%
- Alemán: 0,4%
Rexións de Italia | ||
Abruzzo | Basilicata | Calabria | Campania | Emilia-Romagna | Friuli-Venecia Giulia | Lacio | Liguria | Lombardía | Marche | Molise | Piemonte | Puglia | Sardeña | Sicilia | Toscana | Trentino-Alto Ádige | Umbria | Valle d'Aosta | Véneto |