Puglia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Puglia, é unha rexión da Italia meridional. Conta con 4.069.869 habitantes e ten a capital na cidade de Bari. Limita ao norte con Molise, ao oeste coa Campania e a Basilicata, ao sur co Mar Xónico e ao norte e leste co Mar Adriático. Comprende as provincias de Bari, Barletta-Andria-Trani, Brindisi, Lecce, Foggia e Taranto.
[editar] Xeografía
A Puglia é a rexión máis oriental de Italia_ Punta Palascia (en Otranto, no Salento), dista perto de 80 km das cotas de Albania e constitúe o punto máis oriental de Italia. O seu territorio é plano no 53,3%, ten outeiros no 45,3% e montañoso só no 1,5%. Está bañada polo Mar Adriático e o Mar Xónico. As augas internas son escasas. Non hai ningún río de relevancia e o único lago potable, de onde sae o acueducto pugliese, é o Lago de Occhito situado no límite con Molise (esta escasez de auga fan habituais as crises hídricas).
[editar] División administrativa
A rexión da Puglia subdivídese nas seguintes provincias:
- Bari
- Barletta-Andria-Trani, instituída em 2004 e efetiva a partir de 2008
- Brindisi
- Foggia
- Lecce
- Taranto
Rexións de Italia | ||
Abruzzo | Basilicata | Calabria | Campania | Emilia-Romagna | Friuli-Venecia Giulia | Lacio | Liguria | Lombardía | Marche | Molise | Piemonte | Puglia | Sardeña | Sicilia | Toscana | Trentino-Alto Ádige | Umbria | Valle d'Aosta | Véneto |