See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Traballador independente - Wikipedia

Traballador independente

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Un traballador independente ou freelance é unha persoa que traballa de forma autónoma nunha profesión, ofrecendo o seu traballo a outros ou aceptando encargos deles, normalmente cobrando por traballo entregado e sen vinculación contractual. Os campos onde é común o traballo freelance inclúen o xornalismo e outras formas de escrita, a programación informática, o deseño gráfico, a consultoría, a fotografía e moitos outros servizos profesionais e creativos. A etimoloxía da palabra deriva do termo medieval inglés usado para un mercenario, (free-lance ou lanza-independente), é dicir, un cabaleiro que non servía a ningún señor en concreto e cuxos servizos podían ser alugados por calquera.

A práctica freelance varía moito duns traballadores a outros: mentres algúns requiren aos seus clientes a sinatura de contratos escritos, outros poden realizar o traballo en base a acordos verbais. Algúns freelancers poden proporcionar estimacións escritas do traballo e solicitar anticipos a conta dos seus clientes, mentres para outros isto non é práctico ou necesario. O pago do traballo independente tamén varía moito duns casos a outros: algúns poden facturar por día ou hora de traballo, mentres que outros van cobrando segundo o traballo realizado ou mesmo ao terminar este.

Internet abriu moitas posibilidades para os freelance, especialmente para aqueles que traballan en países con man de obra barata, normalmente dedicados á programación informática e tecnoloxías da información en xeral.

Índice

[editar] Valoración do traballo dos freelancers

O traballo de freelancer reserva sorpresas tanto positivas como negativas. Entre as positivas podemos citar a liberdade de horario, a flexibilidade de orzamentos e os desafios constantes, provocados polos cambios sucesivos de ambiente de trabalho. No entanto, existen obstáculos algunhas veces como a falta de liquidez financeira, o escaso recoñecemento social e a captación de novos proxectos.

Tense considerado que a maneira mais atnada de evitar estes contratempos é percorrer a un ciclo inicial de planeamento persoal, que incluúa pequenos puntos de verificación ao longo do traxecto. Este planeamento tenderá a ser maior ou menor, de acordo coa área escollida.

[editar] Freelancers na comunicación

Dentro do ramo da comunicación, os freelancer desenvolven funcións como:

[editar] Véxase tamén

  • Precariedade

[editar] Ligazóns externas

Rede Freelancer para contratación e venda de servizos profesionais:

Resumos para quen desexe seguir carreira freelancer:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -