See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Tintín no país do ouro negro - Wikipedia

Tintín no país do ouro negro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Tintín no país do ouro negro (Tintin au Pays de l'Or Noir) é o décimo quinto dos álbums de As aventuras de Tintín, serie de banda deseñada escrita e ilustrada polo artista belga Hergé. Sen dúbida, este foi o álbum das aventuras de Tintín que maior número de transformacións sufriu a través do tempo. O libro coñeceu polo menos 3 estados, claramente diferenciables entre si.

A edición inicial comezou a publicarse no Petit Vingtième o 25 de setembro de 1939, inmediatamente logo da conclusión de O cetro de Ottokar. A Segunda Guerra Mundial (que Hergé representaba na aventura de Syldavia terminou por desencadearse na realidade) afectou as cousas ao momento de provocar a interrupción da publicación en curso: o Petit Vingtième deixou de publicarse o 8 de maio de 1940, e con el Tintín no País do Ouro Negro, que a esas alturas estaba na prancha 56 (páxina 26 do álbum actual).

Durante varios anos, o desenlace desta aventura quedou en suspenso, xa que algúns meses máis tarde iniciouse a publicación de O caranguexo das tenaces de ouro. Oito anos despois, agora no xornal Tintín, o debuxante decidiu terminar o volume. Antes de continuar, Hergé dedicouse a retocar as pranchas xa realizados introducindo elementos aparecidos nas aventuras publicadas despois do inicio de Tintín no país do ouro negro como o Capitán Haddock (que esconde habilmente durante toda a aventura mediante unha chamada a filas na terceira viñeta) ou o castelo de Moulinsart.

A terceira versión da historia realizouse a fins dos anos 60, por solicitude do editor inglés Methuen (que xa pedira a Hergé que redibuxara A illa negra). Neste caso, o principal obxectivo era eliminar todo tipo de referencias que se consideraban excesivamente ligados a datas concretas. En concreto, refixéronse completamente tres páxinas que facían referencia á Palestina británica e ao conflito entre xudeus e árabes.

[editar] Argumento

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.


Seguindo a pista dunhas estrañas explosións de gasolina, Tintín, Milú e os policías Hernández e Fernández chegan a un porto do país ficticio de Khemed. O barco é rexistrado pola policía e descóbrese un alixo de droga no camarote dos policías e documentación relativa ao grupo opositor do xeque Bab o-Ehr no de Tintín, colocados alí para incriminalos.

Tintín é entón conducido a prisión, acusado de espionaxe e condenado á morte. Líbranlle da morte os esbirros do xeque Bab o-Ehr crendo que é un aliado seu e condúceno ante o seu xefe nun campamento do deserto. Créndoó un espía o xeque manda transladar o campamento levándose a Tintín como prisioneiro pero termina abandonándoó no deserto.

Tintín logra alcanzar un oasis onde asiste á voadura dunha condución de petróleo (un acto terrorista atribuído ao xeque Bab o-Ehr). Seguindo aos autores do feito descobre que o xeque non ten nada que ver senón que é o doutor Müller (A illa Negra) quen está detrás. Tras enfrontarse a Müller, Tintín volve quedar abandonado no deserto.

Mentres tanto Hernández e Fernández demostraron a súa inocencia e están buscando a Tintín e ao xeque Bab o-Ehr para cobrar a recompensa. Atopan a Tintín no medio dunha tormenta de area e cando volven á civilización ocasionan un accidente e son detidos.

Tintín entrevístase co emir Mohammed Ben Kalish Ezab para pedirlle a liberación dos seus amigos. Nese momento é secuestrado Abdallah, o fillo do emir, e Tintín sospeita que o doutor Müller está detrás do secuestro para obrigar ao seu pai a asinar un contrato coa compañía petroleira que representa. Tras liberar ao demo de Abdallah e deter a Müller descóbrese un produto que facía estalar a gasolina (e que inxeren Hernández e Fernández por erro o que fai que lles creza rapidisimamente o pelo nalgunhas circustancias como en Explorando a lúa).

Nalgunhas edicións actuais (por exemplo, a edición en catalán) mantense a versión anterior. Nela, Tintín chega ao porto de Haifa, na Palestina ocupada polos británicos e é detido por soldados ingleses. É secuestrado por un comando do Irgun (organización armada xudía) que o confunde con outra persoa, e o comando é á súa vez interceptado por guerrilleiros palestinos, que resultan estar ás ordes de Bab o-Ehr. Como se ve, o episodio facía referencia a un momento histórico moi puntual e conflitivo. Modelo:Endspoiler

[editar] Curiosidades

Entre as innovacións máis importantes desta historia, atópanse a invención por parte do autor do emir Mohammed Ben Kalish Ezab e o seu fillo Abdallah.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -