O cetro de Ottokar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O cetro de Ottokar (Le Sceptre d'Ottokar) é o oitavo dos álbums da serie As aventuras de Tintín, escritos e ilustrados polo artista belga Hergé.
O contido deste álbum publicouse orixinalmente entre o 4 de agosto de 1938 e o 10 de agosto de 1939 en Le Petit Vingtième.
[editar] Contexto histórico
A época en que se publicou esta historia influíu notablemente no contido da mesma, xa que por ese entón os signos que preanunciaban a inminencia dun conflito mundial eran numerosos. Na noite do 11 ao 12 de marzo as tropas alemás invaden Austria.
O día 13, Hitler proclamou a anexión do país, co cal Austria pasaba a ser unha provincia máis do Terceiro Reich.
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
A trama central de O cetro de Ottokar está directamente inspirada nos acontecementos históricos: Borduria intenta anexionarse o reino de Syldavia coa axuda dun personaxe chamado Mustler. O complot consiste en aproveitar unha debilidade nas tradicións da monarquía deste país: o rei perde o trono se non aparece empuñando o cetro do seu antepasado Ottokar I durante o desfile do día de San Vladimiro, festa nacional de Syldavia. Para iso algúns personaxes prominentes da corte syldava conspiran contra o seu rei para roubar o cetro e forzarlle a abdicar.
O Cetro de Ottokar IV é o obxecto máis prezado do pobo syldavo. Atópase no Castelo de Kropow baixo a seguridade da garda real. O cetro é venerado case religiosamnete polo pobo.
Tintín chega a Syldavia acompañando a un profesor que cre que foi suplantado. Decátase da trama e intenta avisar ao rei pero os conspiradores evitan que poida falar con el acusándolle de ser un terrorista anarquista. Tras o roubo do cetro, Tintín intenta recuperalo e conségueo poucas horas antes do inicio do desfile, poor o que o desastre non ocorre e Syldavia conserva a súa independencia.
Modelo:Endspoiler
[editar] Curiosidades
- Nesta aventura introdúcese por primeira vez o personaxe de Bianca Castafiore.
- O nome do traidor na corte Mustler fai referencia directa a Mussolini e Hitler e os seus métodos tamén evocan a ambos os personaxes históricos
- Os bordurios poden identificarse cos nazis debido a numerosas referencias: os avións, os uniformes e a súa táctica para tomar o poder: o uso dunha quinta columna infiltrada en Syldavia baixo o nome de partido da Garda de Aceiro. Fronte a este estado tan ben organizado e equipado tecnicamente, Syldavia aparece tan desprovista como as democracias occidentais daquel entón.