See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Tim Berners-Lee - Wikipedia

Tim Berners-Lee

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Timothy John Berners-Lee, Tim Berners-Lee, (Londres, Inglaterra, 8 de xuño de 1955) foi o creador da WWW (World Wide Web) e é o actual director do World Wide Web Consortium.

Índice

[editar] Biografía

Os seus pais, matemáticos ambos os dous, traballaron xuntos na equipa que construíu o Manchester Mark I, un dos primeiros computadores. Ensináronlle a empregar as matemáticas en todas partes, mesmo cando comían. Estudou no Queen's College da Universidade de Oxford, onde construíu un computador cun soldador, un circuíto integrado TTL, un procesador M7800 e un televisor vello. Prohibíuselle o acceso ao ordenador da universidade a raiz de telo atopado "hackeando" cun amigo.

Desde 1976 traballou en Poole como programador nunha empresa dedicada aos semáforos coa súa muller, a quen coñecera en Oxford. Dous anos máis tarde mudou para outra empresa, para a que escribiu un sistema operativo e un programa de maquetación.

[editar] World Wide Web

Mentres traballaba como autónomo para o CERN en 1980, Berners-Lee propuxo un proxecto baseado no concepto do hipertexto para facilitar o proceso de compartición e actualización de información entre investigadores. Elaborou un prototipo chamado ENQUIRE.

Voltou ao CERN catro anos máis tarde, xa cun contrato. En 1989 o CERN era o nodo de internet máis grande de Europa e Berners-Lee viu a oportunidade de unir o hipertexto coa internet. Enviou unha proposta na que ligaba os conceptos de hipertexto, TCP e DNS. Unha versión mellorada coa axuda de Robert Cailliau foi aceptada ano ano seguinte. Deseñou e creou o primeiro navegador web e editor, chamado WordlWideWeb, en NEXTSTEP e o primeiro servidor web, chamado httpd.

O primeiro sitio web aloxouse en http://info.cern.ch e entrou en liña o 6 de agosto de 1991. Explicaba o concepto da Tea de Araña Mundial, como se podía navegar e como se instalaba un servidor web. Incluía o primeiro directorio web, xa que Berners-Lee mantiña unha lista doutros sistios web aparte do seu propio.

En 1994, Berners-Lee fundou o Consorcio da Rede Mundial (W3C) no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Nel participaban varias empresas dispostas a crear padróns e recomendacións que mellorasen a calidade da Web. En 2004 aceptou unha cátedra en Informática na Escola de Electrónica e Informática da Universidade de Southampton, desde a que traballa no seu novo proxecto, a Rede Semántica.

Berners-Lee puxo a súa idea a disposición de toda a humanidade de maneira libre e gratuíta, sen esixir patentes nen comisións. O Consorcio da Rede Mundial insiste en que os seus padróns deben estar baseados en tecnoloxía libre de cargos, de maneira que poida ser adoptada por calquer persoa.

[editar] Premios e outros recoñecementos

  • Sir Timothy John Berners-Lee
  • En 2002 recibiu xunto con Lawrence Roberts, Robert Kahn e Vinton Cerf o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica y Técnica pola súa contribución o desenvolvemento de Internet e World Wide Web.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -