See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Stephen Jay Gould - Wikipedia

Stephen Jay Gould

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Stephen Jay Gould (1941-2002), paleontólogo e biólogo evolutivo neoiorquino, foi un dos científicos que máis influíu sobre a teoría da evolución no século XX.

[editar] Vida e obra

Estudou no instituto liberal Antioch, pasou á Universidade de Columbia e marchou a Harvard para realiza-la súa tese, universidade na que exerceu de profesor até a súa morte. A súa tese trataba a variación e a evolución dun diversificado grupo de caracois terrestres das Bermudas, do xénero Poecilozonites. As súas meticulosas investigacións levárono a decatarse do gran número de condicionantes que non dependían da selección natural para a súa evolución, como os xa observados nos arneiróns por Darwin, que este chamaba a correlación das partes, é dicir, que un órgano cambia debido á influencia debida ao cambio do órgano veciño. Era o principio da crítica á sobrevalorada selección natural.

Xa en 1972 colabora co paleontólogo Niles Eldredge para publicar un estudo que titularon: Os equilibrios interrompidos: unha alternativa ao gradualismo filético, que fala ben ás claras do seu contido: un enfrontamento aos neodarwinistas clásicos ou a chamada Teoría Sintética da Evolución. Esta nova teoría, dada en chamar Equilibrio Puntuado, ou Equilibrio Interrompido, incorporaba os coñecementos modernos, en especial a xenética de poboacións, á evolución darwinista. Pero Gould denucia a preferencia irracional por esta ciencia fronte á bioloxía do desenvolvemento, por exemplo. A evolución gradual interrompida por épocas de cambio rápido en termos xeolóxicos, que puideron corresponderse cunha catástrofe natural ou con calquera outro cambio no medio.

En 1979 publica xunta a Richard Lewontin un artigo de análise da evolución da arte gótica onde a decoración das enxutas influía por casualidade nas pinturas ao fresco, condicionando así os estreitos arcos unha estilizada pintura, en contra das críticas artísticas habituais. Asemade, a queixada dos humanos é exclusiva da especie, como a grande intelixencia, pero... teñen algo que ver? Este artigo tivo unha repercusión enorme para destaca-la importancia da casualidade na bioloxía evolutiva fronte ao simple seleccionismo.

Ademais de revoluciona-lo paradigma da teoría sintética, Gould faino destapando os erros ou mitos nos que caen tanto os autores da teoría sintética coma o propio Darwin. Foi un bibliófilo empedernido afeccionado a Darwin e á Bioloxía en xeral, o que lle deu a base para se converter nun bo analista da historia da ciencia. Aínda que isto tamén lle levou a profesar unha fonda admiración por Darwin como científico, decatouse da fonda impresión que deixara o liberalismo inglés nas teorías evolutivas, marxinando outras igualmente interesantes coma as da Europa continental, que investigaban o desenvolvemento. Isto levouno tamén a poñer na picota o tan divulgado enfrontamento entre ciencia e relixión, que en realidade foi esaxerado, pois cubría outro enfrontamento máis fondo entre as omnipresentes humanidades do Renacemento e a nova ciencia da Ilustración.

Socialmente tivo moita repercusión pola seu gran talento divulgador das novas teorías evolutivas, os animados debates con outros científicos defensores da tería sintética, como John Maynard Smith, Ernst Mayr, Richard Dawkins nos debates de gradualistas contra interrupcionistas e, nos últimos anos, no debate sociobiolóxico co seu compañeiro de facultade Eduard O. Wilson, no transcurso do cal, un comportamento bastante pouco cívico da súa antiga asociación: “a ciencia para o pobo” fixo que renegase dela e defendese a labor do seu compañeiro a pesar das súas discrepancias.

Morreu de cancro de pulmón despois dun longo padecemento -20 anos- dun tipo de cancro de peritoneo que superou contra todo prognóstico.

[editar] Bibliografía

Por desgraza aínda non existen libros traducidos ao galego, polo que ao lado dos libros orixinais aparecen as correspondentes traducións ao castelán:

  • 1977. Ontogeny and Phylogeny. Cambridge MA: Harvard Univ. Press.
  • 1977. Ever Since Darwin. New York: W. W. Norton.
  • 1980. The Panda's Thumb. New York: W. W. Norton. (El pulgar del panda. Reflexiones sobre historia natural y evolución, Crítica)
  • 1981. The Mismeasure of Man. New York: W. W. Norton. (La falsa medida del hombre, Crítica. ISBN 84-8432-456-7)
  • 1983. Hen's Teeth and Horse's Toes. New York: W. W. Norton. (Dientes de gallina y dedos de caballo, Crítica. ISBN 84-8432-554-7)
  • 1985. The Flamingo's Smile. New York: W. W. Norton. (La sonrisa del flamenco. Reflexiones sobre historia natural, Crítica)
  • 1987. Time's Arrow, Time's Cycle. Cambridge MA: Harvard Univ. Press. (La flecha del tiempo, Alianza)
  • 1987. An Urchin in the Storm: Essays about Books and Ideas. N.Y.: W. W. Norton
  • 1989. Wonderful Life: The Burgess Shale and the Nature of History. New York: W. W. Norton, 347 pp. (Vida maravillosa, la Burgess Shale y la naturaleza de la historia, Crítica)
  • 1991. Bully for Brontosaurus. New York: W. W. Norton, 540 pp. (Brontosaurus y la nalga del ministro, Crítica. ISBN 84-8432-619-5)
  • 1992. Finders, Keepers: Eight Collectors. New York: W. W. Norton.
  • 1993. Eight Little Piggies. New York: W. W. Norton. (Ocho cerditos. Reflexiones sobre historia natural, Crítica) (ed.) 1993. The Book of Life. New York: W. W. Norton (El libro de la vida, Critica. ISBN 84-7423-626-6).
  • 1995. Dinosaur in a Haystack. New York: Harmony Books. (Un dinosaurio en un pajar, Crítica)
  • 1996. Full House: The Spread of Excellence From Plato to Darwin. New York: Harmony Books.
  • 1997. Questioning the Millennium: A Rationalist's Guide to a Precisely Arbitrary Countdown. New York: Harmony Books.
  • 1998. Leonardo's Mountain of Clams and the Diet of Worms. N.Y.: Harmony Books. (La montaña de almejas de Leonardo, Crítica)
  • 1999. Rocks of Ages: Science and Religion in the Fullness of Life. New York: Ballantine Publications.
  • 2000. The Lying Stones of Marrakech. New York: Harmony Books. (Las piedras falaces de Marrakech, Crítica)
  • 2000. Crossing Over: Where Art and Science Meet. New York: Three Rivers Press.
  • 2002. The Structure of Evolutionary Theory. Cambridge MA: Harvard Univ. Press. (La estructura de la teoría de la evolución, Tusquets. ISBN 84-8310-950-6)
  • 2002. I Have Landed: The End of a Beginning in Natural History. New York: Harmony Books. (Acabo de llegar: el final de un principio en historia natural, Crítica. ISBN 84-8432-428-1)
  • 2003. Triumph and Tragedy in Mudville: A Lifelong Passion for Baseball. New York: W. W. Norton.
  • 2003. The Hedgehog, the Fox, and the Magister's Pox. New York: Harmony Books. (Érase una vez el erizo y el zorro: las humanidades y la ciencia en el tercer milenio, Crítica. ISBN 84-8432-550-4)


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -