See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Requiario - Wikipedia

Requiario

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Requiario foi un rei suevo que sucedeu a Requila, e cuxo reinado durou desde o ano 448 ata o 456. Foi o terceiro dos reis suevos que gobernaron Gallaecia.

Índice

[editar] Achegamento ós galaicorromanos

Logrou romper algunhas barreiras entre os galaicorromanos, a poboación autóctona do antigo reino de Galicia, e os suevos, recentemente chegados, por dous motivos:

  • Aínda que non fora por obra súa, foi o primeiro rei suevo que naceu no reino de Galicia, o cal fixo que no seu novo goberno houbera xa dirixentes con educación romana.
  • Foi o primeiro rei católico que gobernou Galicia, e converteu ó pobo dos suevos a esta relixión no ano 449. Isto fixo caer a este rei na gracia dos galaicorromanos, que eran, coma el, católicos. Antes deste acontecemento, os suevos eran arianos. Este feito fixo que o antigo reino de Galicia fose o primeiro reino católico.

[editar] Economía

Requiario foi pioneiro tamén na economía: foi o primeiro que cuñou a súa propia moeda, substituíndo nelas o seu retrato polo do emperador do Imperio Romano Honorio pero poñendo o seu propio nome no reverso, cuñando en gran cantidade o que constataría o mantemento da actividade económica durante o período suevo.

[editar] Política exterior

Ó contrario que os seus antecesores, decidiu aumentar as súas fronteiras. Casou no ano 449 coa filla de Teodoredo e irmá do rei visigodo Teodorico I, para ter un aliado contra os romanos.

Invadiu o territoriio dos vascóns pertencente formalmente á provincia Tarraconense, chegando a dominar parte da conca do Ebro e percorreu as zonas de Zaragoza e Lleida. Acordou no 453 cos romanos, tras a batalla dos Campos Cataláunicos (451) entre un exército romano-visigodo e os hunos, retirarse deses territorios, pero incompriu o acordado no 456 ao emprender accións na Cartaxinense e seguir tras unhas conversas fracasadas cos visigodos pola Tarraconense.

Isto fixo que o recentemente entronizado rei visigodo Teodorico II vira que o reino suevo se estaba fortalecendo demasiado. Teodorico II foi decidamente pro romano, así que levou ós seus exércitos co apoio do emperador Avito contra Requiario, a quen derrotou na batalla do río Órbigo o 5 de outubro de 456.

[editar] Morte

Requiario refuxiouse en Porto, de onde fuxiu en barco a Roma, onde tiña un amigo chamado Recimiro que o podería axudar. Non obstante, unha tempestade fíxolle volver a terra, onde foi apresado polos visigodos e decapitado, e foi o primeiro rei suevo que morreu asasinado.


Reino Suevo

Segue a:
Requila
Requiario
Precede a:
Aguiúlfo e Frantán
Lista de reis suevos


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -